Renovación Española

Renovación Española

Grupo político conservador e monárquico fundado a partir de Acción Nacional en marzo de 1933 en Madrid. Estivo constituído por Antonio Goicoechea, Xosé Calvo Sotelo e Pedro Sainz Rodríguez, entre outros. Participou na sublevación do 18 de xullo de 1936. En Galicia está vinculado ao seu líder X. Calvo Sotelo. Na lexislatura 1933-1936 acadaron 7 actas de deputado: 3 por Ourense, 2 pola Coruña e 1 por Lugo e Pontevedra; e na lexislatura 1936-1939 acadou xunto co Bloque Nacional 3 deputados pola provincia de Ourense e 1 pola de Pontevedra.

Palabras veciñas

Renovación | Renovación | Renovación | Renovación Española | Renovación, La | renovador -ra | Renovadores, os