Renovación

Renovación
[PUBLIC]

Quincenario editado en Ponteareas a partir de maio de 1931. Cesou en xullo de 1936, tras unha paréntese entre outubro de 1934 e agosto de 1935. De tendencia socialista, funcionou como voceiro da Casa do Pobo de Ponteareas. Estivo dirixido por Ramón Rodríguez e Benito Casanovas, edil do PSOE e deputado provincial, e colaboraron nel militantes da bisbarra do Tea e Vigo, como Henrique Heraclio Botana. O xornal recolleu abundante información sobre o partido, a UGT e a FNTT. Tras superar unha suspensión gobernativa, coñeceu unha notoria radicalización do seu contido, ao reclamar un achegamento ao Partido Comunista e a fusión de todas as organizacións proletarias, políticas e sindicais.