"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
ENTRADA LARGA
Comunidade autónoma de España, constituída polas provincias de Alacant, Castelló de La Plana e València (22.826 km2; 4.152.776 h [2001]). Limita ao N con Catalunya e Aragón, ao O con Aragón e Castela-A Mancha, ao S con Murcia e ao L co Mar Mediterráneo. A súa capital é València.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo da Comunitat Valenciana divídese en dous sectores: as serras do interior e as chairas costeiras. O primeiro sector caracterízase polos accidentes montañosos, integrados no Sistema Ibérico e nas serras Subbéticas. Destacan as serras do Maestrat, Espadà, Martés e o macizo do Caroig. A maior altitude acádase en Penyagolosa (1.813 m). O segundo sector é unha chaira litoral composta por praias suaves, baixas, areosas e con lagoas litorais ou albufeiras, algunhas delas desecadas. Climaticamente, os invernos son relativamente suaves, con poucas chuvias, con máximos en outono e primavera e forte seca estival. No verán, a influencia do anticiclón dos... -
-
Relativo ou pertencente á cidade de València ou ao País Valenciano e aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da provincia de Valencia ou do País Valenciano.
-
ariedade lingüística do catalán que se fala na Comunitat Valenciana.
-
Literatura escrita no País Valenciano en catalán literario ou dialectal. A literatura valenciana comezou, de feito, a partir da conquista do Reino de València en 1232-1245 por Xaime I de Aragón, que o repoboou, en boa parte, de cataláns. Desde entón o País Valenciano formou parte do ámbito catalán, malia que xa desde o s XV xa alguén falou de lingua valenciana contrapóndoa á catalá. Pero ata o s XVI, e mesmo o XVII, non resulta sempre fácil de distinguir, a partir da lingua, a orixe valenciana dun escritor ou dunha obra. A aparición dunha lingua rexional valenciana con pouca comunicación coa literatura rexional do Principado e das Illes Balears é cousa do s XVII e, sobre todo, do s XVIII. Durante este século a poesía culta aparece sobre todo en compilacións colectivas motivadas por efemérides políticas ou relixiosas. Moito máis abundante foi a poesía humorística e satírica, case sempre expresada en coloquios, razoamentos e outras pezas, normalmente anónimas.
-
-
PERSOEIRO
Zoólogo. Foi profesor do Museo de Historia Natural de París (1832), fixo a tradución das Observations de zoologie de Humboldt e, xunto con G. Cuvier, publicou unha monumental obra de 22 volumes, Histoire naturelle des poissons (1829). Foi membro da Académie des Sciences (1841).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao NO da capital provincial (6.950 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen actúa con valentía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín valentem ‘forte, san’, de valeo ‘ser forte’, ‘estar ben de saúde, estar san’. Dun nome romano derivado, Valentius, na súa forma feminina Valentia, procede o topónimo Valencia, nome de dúas parroquias en Valdeorras e dunha aldea en Coristanco; tamén a portuguesa Valença do Minho e a València mediterránea.
-
PERSOEIRO
Usurpador do Imperio Romano. Apropiouse do imperio en Macedonia en tempos de Valeriano e de Galieno (261).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta. Profesor na Oxford University, posteriormente traballou na ONU e foi director do servizo español de tradución da UNESCO. Como poeta deuse a coñecer co libro A modo de esperanza (1955, Premio Adonais 1954), onde xa se vislumbran os alicerces da súa poesía, unha poética metafísica emparentada coas formas puras, cunha grande esixencia verbal. Tematicamente, Galicia, e sobre todo Ourense, sempre estiveron moi presentes. Da súa obra, en que se manifesta a vangarda e a conciencia crítica da sociedade contemporánea, destacan os poemarios Poemas a Lázaro (1960, Premio de la Crítica Española), Breve son (1968), Interior con figuras (1976), Material memoria (1978), Sete cántigas de alén (1981), Mandorla (1982), El fulgor (1984), Cántigas de alén (1989), Al Dios del lugar (1989), No amanece el cantor (1992, Premio Nacional de Poesía 1993) e Fragmentos de un libro futuro (2000). Gran parte...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano de Oriente (361-378). Asociado ao Imperio polo seu irmán Valentiniano I, achegouse ao arianismo e buscou a unidade da Igrexa con métodos violentos que orixinaron a rebelión popular dos visigodos (365). Conclusa a paz con Atanarico (369), tivo que combater os persas. Perdida Armenia (378), os godos, os alanos e os hunos invadiron Tracia. Morreu na Batalla de Adrianópolis.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calidade de quen afronta unha situación arriscada ou de perigo sen medo.
-
Acto que amosa valor. OBS: En ocasións emprégase de xeito irónico co significado de imprudencia. Ex. Se fas valentías co coche podes ter un accidente.
-
-
PERSOEIRO
Pensador gnóstico cristiá. O seu pensamento coñécese a través de Ireneo de Lyon e de Tertuliano. Atribúeselle o Evanxeo da Verdade, atopado en Nag-Hammadi.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Presbítero e mártir. Morreu en tempos de Claudio II. Relacionada co santo existe a festa de san Valentín ou festa dos namorados, constatada desde o s XV en Inglaterra e Escocia e que parece ser de orixe pagá. Os mozos emparellábanse por sorteo e os afortunados recibían o nome de valentinos e valentinas. Represéntase vestido con casula episcopal e leva unha espada cravada no peito e un sol na man. A súa festividade celébrase o 14 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín Valentinus, derivado de valens ‘ser forte’. Como nome persoal aparece só en época cristiá. Presenta a variante Valentiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gnosticismo propio dos discípulos de Valentín, principalmente Ptolomeo, Heracleón, Teodoto ou Marcos. É unha teodicea filosófico-relixiosa onde se articulan estreitamente cosmoloxía e antropoloxía, que se fundamenta en tres hipóstases intelixibles: o primeiro principio ou abismo, o intelecto ou unixénito e a alma ou sabedoría. Da alma emanan en sucesivas degradacións a substancia psíquica, o demiúrgo, a materia e o mundo. O home participa dos tres elementos: intelixible, psíquico e material.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (364-375). Proclamado emperador en Nicea despois da morte de Xoviano, asociou ao goberno o seu fillo Graciano e o seu irmán Valente. Tomou medidas para afrontar a crise económica e reformou a administración. Pacificou Britania (368-369), onde restaurou o muro de Adriano, e reprimiu a rebelión dos donatistas africanos (373-375).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano de Occidente (375-392), fillo de Valentiniano I. Accedeu ao trono aos 4 anos e en 387, foi destronado polo usurpador Máximo (387. Recuperou o trono grazas á axuda de Teodosio I.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Emperador romano de Occidente (425-455), fillo de Constancio III e de Gala Placidia. Obtivo a sucesión de Honorio, morto en 423, que fixo efectiva coa coroación (425) en Roma. Perdeu en 429 os territorios de África pero venceu a Atila na Batalla dos Campos Cataláunicos (451).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de antimonio, de fórmula Sb2O3, que cristaliza no sistema rómbico en cristais incoloros de brillo diamantino, aínda que tamén se pode presentar en forma de agregados fibrosos. Ten unha dureza de 2 a 3 e unha densidade de 5,6 a 5,8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Valentín.
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico italiano. De nome Rodolfo Alfonso Rafael Philibert Guglielmi, encarnou no cine o mito do apaixonado amante latino e conseguiu unha fama inédita na época. Protagonizou The Four Horsemen of the Apocalypse (1921), Camille (1921), The Sheik (1921), Blood and Sand (1922) e The Son of the Sheik (1926).
VER O DETALLE DO TERMO