valenciano -na

valenciano -na

(< topónimo Valencia)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á cidade de València ou ao País Valenciano e aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante da provincia de Valencia ou do País Valenciano.

  3. s m [LING]

    ariedade lingüística do catalán que se fala na Comunitat Valenciana.

  4. literatura valenciana [LIT]

    Literatura escrita no País Valenciano en catalán literario ou dialectal. A literatura valenciana comezou, de feito, a partir da conquista do Reino de València en 1232-1245 por Xaime I de Aragón, que o repoboou, en boa parte, de cataláns. Desde entón o País Valenciano formou parte do ámbito catalán, malia que xa desde o s XV xa alguén falou de lingua valenciana contrapóndoa á catalá. Pero ata o s XVI, e mesmo o XVII, non resulta sempre fácil de distinguir, a partir da lingua, a orixe valenciana dun escritor ou dunha obra. A aparición dunha lingua rexional valenciana con pouca comunicación coa literatura rexional do Principado e das Illes Balears é cousa do s XVII e, sobre todo, do s XVIII. Durante este século a poesía culta aparece sobre todo en compilacións colectivas motivadas por efemérides políticas ou relixiosas. Moito máis abundante foi a poesía humorística e satírica, case sempre expresada en coloquios, razoamentos e outras pezas, normalmente anónimas.