"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que saíu en Tui no ano 1922. Este boletín representaba a opinión da extrema dereita agrarista, moi influenciada polo Ordoñismo e polo bispado, nuns anos críticos para o campesiñado da comarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación bilingüe que saíu do prelo o día 1 de agosto de 1919 na vila de Mondoñedo. O boletín, de periodicidade quincenal, estaba dirixido por Antonio Maseda Bouso. Como colaboradores figuraban Adalberto Alonso de Llera, Ramón Blanco, Rof Codina e Rivas Moreno. Estaba especializada en temas agrícolas e sindicais, e trataba cuestións técnicas, sobre todo aspectos ideolóxicos e informativos para a revista Acción Social coa que se repartía conxuntamente. O último número coincide coa desaparición da citada revista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que saíu na Coruña en outubro de 1958. A súa periodicidade era mensual nun principio e despois pasou a ser bimensual. Figuraban como colaboradores Manuel Santaella, Xosé Luis Mariño Cea e César Martín, entre outros. Como publicación de tendencia falanxista e fascista as noticias que recollía estaban relacionadas con organizacións como Falange, a Sección Femenina, a Frente de Juventudes, a Organización Sindical, etc. As diferentes seccións que recollía eran “La vieja guardia”, “Cruz y espada”, “Noticias trascendentales” e “Doctrina”. A revista, no seu primeiro número, publicou na portada un poema de Manuel Machado titulado “Francisco Franco” xunto cunha fotografía do ditador.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que publicou a “Sociedad Cultural y Agraria del Distrito de Mugía” na cidade do Bos Aires. A publicación apareceu probablemente en 1923 pero o primeiro número que se coñece é o número 2, de xaneiro de 1924; o último número é o do 18 de abril de 1934. Na súa coordinación tivo un papel moi importante o poeta muxián Gervasio Paz Lestón, que se converteu en presidente da entidade en maio de 1930. Os contidos eran claramente literarios, incluíanse poemas do propio Gervasio Paz Lestón, de Victorino Abente Lago, Lois Castro Pena, Gonzalo López Abente, do Marqués de Figueroa e doutros escritores. Tamén apareceron contos en galego coa sinatura de Ramón Otero Pedrayo e de Avelino Rodríguez Elías. Reproduciuse por entregas a novela curta Buserana, de Gonzalo López Abente, e unha peza teatral de Leandro Carré Alvarellos. O boletín publicou artigos en galego de Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor e de Vicente Risco, entre outros moitos intelectuais galegos. Igualmente, publicáronse artigos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que saíu na cidade de Santiago en 1935, probablemente relacionado con outro boletín que apareceu no ano 1942 baixo o título de Boletín Diocesano de Acción Católica.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que apareceu en xaneiro de 1919 na vila coruñesa de Ortigueira. Cesou no ano seguinte, en outubro de 1920. Este boletín, de tendencia agrarista, serviu como voceiro do sindicalismo católico, foi substituído en outubro do ano 20 por Acción Agraria. Esta última publicación ten como data de cese o ano 1926.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no ano 1987 editada pola Asociación Juvenil Wagneriana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que xurdiu en maio de 1811 e que se publicou ata que o Cuartel Xeneral marchou de Lugo. A pesar de que se redactaba todos os días tiña unha saída irregular. Estaba dividido en diferentes seccións nas que se falaba das operacións, datos e noticias que tivesen relación co sexto exército. Exemplos dos títulos destas seccións poden ser “Reconocimientos y movimientos de los demás Cuerpos”, “Órdenes del día”, “Actos de valor y heroismo realizados por el ejército y soldados españoles”, “Artículos doctrinales”, “Noticias regionales”, etc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín que apareceu en Pontevedra no ano 1960. Informaba sobre todos os acontecementos relacionados co concello.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín mensual saído da imprenta de don Antonio Otero por primeira vez en xullo de 1903, e que seguiu a editarse ata finais de 1904. O seu fundador e director, Xosé Casas González, foi substituído polo avogado Enrique Cantón Alvarado en decembro de 1903. Son moitos os clérigos e intelectuais da época que estiveron vinculados a esta publicación. Así, destacan Basilio Álvarez, Lamas Carvajal, Manuel Martínez Sueiro, Antonio Rey Soto, Alfonso Carballo Rey e Marcelo Macías, entre outros. Tiña como obxectivo a defensa dos humildes seguindo as pautas da democracia cristiá, ao tempo que tentaba interromper o progreso das ideoloxías socialistas. Publicou diversos artigos de opinión, aínda que destacou sobre todo por ofrecer información relixiosa, encíclicas do Papa León XIII, ordenanzas dos gremios do Círculo, do mesmo xeito que todo tipo de datos sobre a vida do Círculo Católico de Orense e dos círculos doutras cidades galegas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Publicación aparecida na década dos anos 70 do s XX en Santiago, editada pola Comisión de Cultura do propio Colegio. No seu número correspondente a 1975 inclúense artigos e comentarios sobre estudios realizados por Anatole Kopp, Gordon Cullen, Mario Bussagli, Carlos Flores, Xavier Sust. Amais acompañábanse de esquemas e deseños arquitectónicos de diferentes construcións. Entre as seccións figuran: “Traduciones”, “Noticias de libros”, “Revistas recibidas en la Biblioteca del COAG” e “Adquisiciones de la Biblioteca”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado entre maio de 1811 e o 17 de novembro de 1811. Tiña periodicidade irregular. Editábase na imprenta do Sexto Exército.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación anual editada polo Instituto de Estudios Vigueses, dependente da Fundación Provigo y su Área. Trátase dunha colección de artigos en lingua galega ou castelá recollidos baixo o epígrafe de Boletín Glaucopis. O seu primeiro número saíu no ano 1995 en Vigo. No seu limiar, o director do Instituto, Andrés Martínez-Morás y Soria, afirmaba a súa vontade de contribuír a un mellor coñecemento de Vigo, achegando diversa información aos vigueses e non vigueses, e facendo especial fincapé na historia da cidade. A Historia, a Arqueoloxía, a Toponimia, a Arquitectura, a Fotografía e a Filoloxía son algunhas das materias tratadas nos seus artigos. Entre os seus colaboradores figuran Xosé M. Souto González, Xoán C. Abad Gallego, Gerardo Sacau Rodríguez, Gerardo González Martín, Fernando J. Costas Goberna, Elisa Pereira García e Bernardo M. Vázquez Gil. Entre algúns dos seus artigos destacan “Vigo: problemas xeográficos e coñecemento da nosa realidade” (nº1, 1995), “As marcas nos muíños...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín mensual aparecido en Pontevedra no ano 1927. A Deputación fíxose cargo da publicación, mentres que a impresión se realizaba no seu establecemento tipográfico.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación que viu a luz na Coruña mensualmente a partir de 1928. Ramón Fernández Cid dirixiu o Instituto e a publicación. A redacción tamén estaba composta por membros do Instituto como Rafael Fernández y Fernández, Xosé Manuel Pérez Alvarez, Xesús Mendieta y Anta, Federico Beato y González, Xosé Gimeno Nuñez e outros. No boletín afírmábase que colaboraban “todas las clases sanitarias”. Tiña apartados dedicados a “Orientaciones médico-sanitarias” ou a “Legislación”. Non obstante, este boletín destacou pola publicación de artigos, de ámbito nacional ou internacional, que incluían fotos en branco e negro, así como datos estatísticos en forma de táboas ou gráficos. Na última páxina levaba un aviso exhortando ás empresas a que se anunciasen nun medio que lle ofrecía seriedade e distinción. Na contraportada levaba impresa unha lista dos servicios que prestaba o Instituto, servicios que eran gratuítos para os pobres e que para os particulares supuñan unha taxa aprobada pola Excelentísima Deputación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de periodicidade semanal aparecida ao redor de 1910 na Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter relixioso aparecida en Santiago de Compostela no último cuarto do século XX. Contaba con diversas colaboracións como a de Xosé González Paz, quen publicou un traballo titulado “Apuntes heráldicos de canónigos orensanos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación aparecida no ano 1933, non localizada, que introducía información dedicada ao campo e aos labores agrícolas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUBLICACIÓNS
Publicación de carácter relixioso que naceu en Santiago de Compostela no ano 1942. Cualificouse como o suplemento do Boletín Oficial del Arzobispado. Nas súas follas podíanse ler todo tipo de artigos asinados polos membros do seminario; algúns deles levaban fotos en branco e negro. No anuncio para solicitar a subscrición afirmaba a importancia desta revista no movemento relixioso católico.
VER O DETALLE DO TERMO