Boletín del Instituto Provincial de Higiene de La Coruña

Boletín del Instituto Provincial de Higiene de La Coruña

Publicación que viu a luz na Coruña mensualmente a partir de 1928. Ramón Fernández Cid dirixiu o Instituto e a publicación. A redacción tamén estaba composta por membros do Instituto como Rafael Fernández y Fernández, Xosé Manuel Pérez Alvarez, Xesús Mendieta y Anta, Federico Beato y González, Xosé Gimeno Nuñez e outros. No boletín afírmábase que colaboraban “todas las clases sanitarias”. Tiña apartados dedicados a “Orientaciones médico-sanitarias” ou a “Legislación”. Non obstante, este boletín destacou pola publicación de artigos, de ámbito nacional ou internacional, que incluían fotos en branco e negro, así como datos estatísticos en forma de táboas ou gráficos. Na última páxina levaba un aviso exhortando ás empresas a que se anunciasen nun medio que lle ofrecía seriedade e distinción. Na contraportada levaba impresa unha lista dos servicios que prestaba o Instituto, servicios que eran gratuítos para os pobres e que para os particulares supuñan unha taxa aprobada pola Excelentísima Deputación.