"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Relativo ou pertencente á neotenia.

    2. Que presenta neotenia.

    3. Individuo dunha especie animal que ten calidades neoténicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de poetas novos romanos da primeira metade do s I a C, que imitaban os modelos alexandrinos para introducir certas innovacións na poesía latina. Considerados os creadores da lírica romana, as súas composicións son breves, de gran perfección técnica e beleza formal e estilística. A partir deles, denomínase neoteroi aos poetas novos que, formando grupo ou escola, pretenden introducir innovacións na linguaxe, na forma ou no fondo da expresión poética. Os seus principais representantes son Valerio Catón e Caio Valerio Catulo do que se conserva a súa obra Catulli Veronensis Liber (Libro do veronense Catulo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Novo Testamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das orquidáceas, de follas oblongas, flores rosas e esporón curto, que presentan as pezas do periantio iguais e o labelo trilobado. En Galicia está presente a especie N. maculata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo moi próximo á descrición do holotipo orixinal e que o reempraza cando este falta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente filosófica desenvolvida na segunda metade do s XIX, que supuxo unha renovación dentro do tomismo e que tomou pulo como parte da neoescolástica. Foi impulsada por León XIII, que pretendía convertela no punto de partida da renovación intelectual da Igrexa Católica. Os primeiros defensores desta renovación foron pensadores próximos aos xesuítas como M. Liberatore e J. Kleutgen. No s XX destacou E. Gilson.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neotomismo.

    2. Seguidor do neotomismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao neotrobadorismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento poético xurdido en Galicia ao redor da década de 1920 e que pretendía a recuperación das cantigas medievais galego-portuguesas. Difundiuse especialmente tras a publicación de diversos traballos e estudos sobre o tema, en concreto as Cantigas d amigo dos trovadores galego-portugueses (1926-1928) e Cantigas d amor dos trovadores galego-portugueses (1932), de José Joaquim Nunes. Tomando como referente este corpus, algúns poetas achegáronse á literatura trobadoresca, sobre todo formalmente, empregando recursos propios das cantigas como o paralelismo ou o dístico monorrimo con refrán. As primeiras composicións que se poden inscribir neste movemento son Nao senlleira (1933), de Fermín Bouza-Brey, e Cantiga nova que se chama ribeira (1933), de Álvaro Cunqueiro, ás que se poden engadir os Cantares d amigo, de Carles Riba, e o Poemeto da Vida (1930), de Xohán V. Viqueira. Pero non só atende á parte estrutural, senón que este incipiente interese pola lírica trobadoresca tamén vén determinado...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao reino neotropical.

    2. Reino bioxeográfico que inclúe as rexións tropicais e subtropicais de América. A vexetación é de pluvisilvas ecuatoriais e formacións xerófilas tropicais, que son moi variadas e comprenden bosques claros, sabanas, matogueiras e formacións esteparias. Tamén hai deserto, cunha vexetación especialmente adaptada. En canto á flora, este reino está subdividido en rexións: caribe, brasileira, arxentina, andina e a Güiana venezolana. A fauna presenta moitos grupos endémicos, como os mamíferos xenartros. En Galápagos encóntranse especies primitivas de iguanas e tartarugas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Subperíodo ou subsistema superior do Terciario, que abrangue o Mioceno e o Plioceno. O clima arrefriou nel progresivamente, o que determinou as numerosas migracións na fauna continental e a paulatina desaparición do estreito de Bering, polo que Eurasia ficou unida a América do Norte. Tamén, probablemente, o estreito de Xibraltar se converteu en istmo. Durante o primeiro período do Neoxeno a comunicación entre as dúas Américas foi difícil, pero posteriormente ficaron xa permanentemente unidas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Neoxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nova Zelanda ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Nova Zelanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cuaternario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertenecente ao Neozoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás nepentáceas.

    2. Planta da familia das nepentáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das nepentais, que consta dun só xénero (Nepenthes) e dunhas 60 especies, propias de Malaisia e Madagascar. Son arbustos ou herbas con follas rematadas en ascidios, destinados a capturar insectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Divindade grega, fillo de Ponto e de Xea. Pai das Nereidas e protector do mar en calma, representábase como un ancián con dotes proféticos. Negouse a dar consello a Heracles porque quería roubar as mazás de ouro do xardín de Hespérides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eunuco romano. Foi bautizado por san Pedro, xunto con san Aquileo, co que exerceu de camareiro de Flavia Domitila, neta do Emperador Vespasiano. Estando prometida a Aureliano, fillo dun cónsul, os eunucos convertérona ao cristianismo e convencérona de que fixera o voto de castidade. Deportáronos á illa de Poncia e decapitáronos. Segundo o Misal Romano foron dous militares profesionais que desertaron do exército e se converteron ao cristianismo, polo que foron martirizados en tempos de Diocleciano. Sobre o seu sepulcro en Roma, na Via Ardeatina, construíuse unha basílica. A súa festividade celébrase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do grego Νηρεύς, derivado de ναρός ‘que escorrega’. Nerea, a forma feminina de Nereo, quizais foi inventada      por analoxía co masculino. Presenta a variante masculina Nereu. A súa festividade celébrase o 12 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Teorema baseado no teorema da calor, enunciado por Nernst en 1906 e avalada pola estatística cuántica (Planck, 1912), que constitúe o denominado terceiro principio da termodinámica: no cero absoluto de temperatura, a entropía dun corpo cristalino perfecto é nula.

    VER O DETALLE DO TERMO