"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e matemático francés, barón de Prony. Transformou moitos canais e portos, construíu o porto da Concorde, de París e ideou o freo de Prony.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Bohemio e aventureiro, publicou o libro poético La chanson des gueux (1876), que lle valeu un mes de cadea; Les caresses (1877) e Les blasphèmes (1884), polas que foi acusado de sensualidade e ateísmo. O seu teatro e as súas narracións reflicten o mesmo carácter romántico exaltado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo francés. Por encargo da Académie des Sciences realizou unha misión científica en Cayenne (1672-1673) durante a que determinou a paralaxe de Marte. Elaborou un novo método dinámico para determinar a forma da Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sismólogo estadounidense. Xunto con B. Gutenberg, elaborou en 1935 a escala de Richter para medir a magnitude dos terremotos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor alemán. Desde 1769 foi mestre de capela da catedral de Estrasburgo. Membro da escola de Mannheim, compuxo numerosas sinfonías, seis concertos para clavecín e corda, un concerto para trompeta, música de cámara e numerosas misas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra. Vinculado ao movemento wagneriano, en 1876 dirixiu a primeira audición da Tetralogia en Bayreuth. Retirouse en 1912.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Iniciador e cronista do Grupo 47, a súa obra documenta feitos políticos e culturais como Almanach der Gruppe 47 (Almanaque do Grupo 47, 1947-1962). Tamén escribiu Die Geschlagenen (Os derrotados, 1949), co que obtivo renome internacional, e a autobiografía Reisen durch meine Zeit (Viaxes a través do meu tempo, 1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Coñecido como Jean Paul, as súas obras caracterízanse pola mestura do nacionalismo e a conciencia revolucionaria propia de Sturm und Drang. Autor de obras pedagóxicas, relixiosas e políticas, publicou Grönländische Prozesse (Procesos grenlandeses, 1783), Leben des vergnügten Schulmeisterleins Maria Wuz in Auenthal (Vida da alegre mestra Maria Wuz en Auenthal, 1793), Hesperus (1795), coa que obtivo certo renome; Leben des Quintus Fixlein (Vida de Quintus Fixlein, 1796), Siebenkäs (1796) e Titan (1803), a súa obra mestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferdinand Paul Wilhem.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aviador. Coñecido como o Barón Vermello, foi oficial de cabalaría e xefe de aviación. Destacou como piloto de caza durante a Primeira Guerra Mundial, ascendeu a comandante e xefe de escuadrón, e foi abatido despois de 80 vitorias. Escribiu O piloto vermello (1917).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mezzosoprano. Debutou en 1960 no Liceu de Barcelona con Hänsel und Gretel. A súa actividade principal centrouse na música contemporánea. Vinculouse ao teatro de vangarda colaborando en diversas montaxes como Suite Bufa (1966) e en diversas edicións de Música-acció. Destaca tamén o espectáculo Elsa de Gabrieli (1984). Recibiu o Premi Nacional de Música da Generalitat de Catalunya á mellor intérprete de música contemporánea (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Membro da corrente decorativista, a súa obra partiu da copia de Il Veronese e serviu de transición cara á pintura do settecento veneciano, e en particular cara á de Giambattista Tiepolo. Pintor de gran sona no seu tempo, buscou na súa obra a grandiosidade co emprego dunha escenografía compositiva e un cromatismo moi vivo. Traballou en Venecia, Florencia, Roma, Viena, Londres ou París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor italiano. Coñecido como Daniele da Volterra, foi discípulo en Siena de Il Sodoma e Domenico Beccafumi, e despois recibiu a influencia de Michelangelo Buonarroti. Das súas obras destaca Deposizione (1541) e a decoración da sala rexia do Vaticano iniciada por Pierino del Vaga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e investigador literario. Foi profesor da Universitat Autònoma de Barcelona, patrón do Instituto Cervantes e secretario xeral do Centro para a Edición de Clásicos Españoles. Especialista en Petrarca, no humanismo e na literatura medieval e renacentista, publicou La novela picaresca y el punto de vista (1970), El pequeño mundo del hombre (1970), Alfonso el Sabio y la “General Estoria” (1972), Vida u obra de Petrarca (1974), Nebrija frente a los bárbaros (1978) e Primera Cuarentena (1983). Editou numerosos textos e dirixiu Historia y Crítica de la literatura española (1980-1992) en nove volumes. Publicou tamén Texto y contextos. Estudios sobre la poesía española del siglo XV (1990), El sueño del humanismo (de Petrarca a Erasmo) (1993), Mil años de poesía española (1996), con outros autores, e Poesía de España (1996). Recibiu o Premio Menéndez y Pelayo por unha edición crítica do Quijote...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e escritor. Xefe do gabinete de normalización lingüística na delegación provincial de Educación da Coruña, traballou nos campos da filosofía, do xornalismo e, especialmente, na música, onde foi integrante do grupo A Quenlla, ademais de director dun obradorio experimental de música tradicional. Publicou O puff (1981) e A pulguiña e o pulgón (1983), que incluíu cancións infantís; Cancións, contos e adiviñas (1989), Cancioneiro popular das Terras do Tamarela (1989), Arrolín, arrolán (1994), Tantarantán, tarantán, tarantiña: recitativos e outras lerias de tradición oral (1994) e Vente vindo, ven cantando: cancioneiro escolar galego (1996). Recibiu o primeiro premio no Certamen Nacional de Prensa (1985) polos seus artigos publicados na revista Cataventos sobre o cancioneiro tradicional galego e co Premio Galicia de Xornalismo (1988) ao mellor programa musical Vente vindo, ven cantando, emitido por RNE en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político checo. Foi membro do goberno do conde de Thun e foi partidario dunha federación con Austria. Deputado (1861-1863), asistiu ao congreso paneslavo de Moscova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e sacerdote. Diplomado en Ciencias Sociais, foi capelán da central dos Peares, membro do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do padroado do Museo do Pobo Galego e da Sociedade Galega de Antropoloxía. Colaborador nas publicacións Cuadernos de Estudios Gallegos, Encrucillada ou Lucensia, escribiu Inventario artístico de Lugo y su provincia (1975-1983), con outros autores; La parroquia de San Vicente de Pombeiro (1975), Escolma de Carballedo (1976), onde recolle cantigas, contos e adiviñas; A romaxe do Faro (1978), en que inclúe notas históricas, lendas e cantares relacionados coa romaxe; El libro lucense 1495-1936 (1982), Dende o meu lar (1984), Microtoponimia de Arcos (1995) e Libros impresos en Lugo (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Discípulo dos matemáticos Gauss, Jacobi e Steiner, desenvolveu unha xeometría non euclidiana, ideou as superficies que levan o seu nome, estudou a teoría das funcións e estableceu os fundamentos da topoloxía moderna. Investigou tamén as ecuacións diferenciais e as funcións abelianas, e deu unha definición do concepto de integral definida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficie constituída por diferentes follas, que permite estudar unha función multiforme como un conxunto de funcións uniformes. Os planos destas diferentes funcións únense dous a dous ao longo dunha liña, que xeralmente é o semieixe (0, -∞).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fórmula de Green-Riemann.

    VER O DETALLE DO TERMO