Rico Verea, Manuel
Profesor e escritor. Xefe do gabinete de normalización lingüística na delegación provincial de Educación da Coruña, traballou nos campos da filosofía, do xornalismo e, especialmente, na música, onde foi integrante do grupo A Quenlla, ademais de director dun obradorio experimental de música tradicional. Publicou O puff (1981) e A pulguiña e o pulgón (1983), que incluíu cancións infantís; Cancións, contos e adiviñas (1989), Cancioneiro popular das Terras do Tamarela (1989), Arrolín, arrolán (1994), Tantarantán, tarantán, tarantiña: recitativos e outras lerias de tradición oral (1994) e Vente vindo, ven cantando: cancioneiro escolar galego (1996). Recibiu o primeiro premio no Certamen Nacional de Prensa (1985) polos seus artigos publicados na revista Cataventos sobre o cancioneiro tradicional galego e co Premio Galicia de Xornalismo (1988) ao mellor programa musical Vente vindo, ven cantando, emitido por RNE en Galicia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Boimorto