"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Musicólogo. Estudou leis e música clásica. Considerado o iniciador da musicoloxía moderna, interesouse pola teoría, a historia,a pedagoxía e a crítica musicais. Autor dalgunhas composicións musicais, das súas obras destacan Muski-Lexikon (Dicionario de música, 1882), Handbuch der Masikgeschichte (Manual de historia da música, 1901-1913) e Grosse Kompositionslehre (Gran tratado de composición, 1902-1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás teorías de Bernhard Riemann.
-
PERSOEIRO
Escultor alemán. De novo viaxou a Würzburg, onde acadou un gran prestixio. A súa obra, incluída no gótico tardío pero sen o dramatismo e o expresionismo xermánico, é dificilmente separable das numerosas obras producidas no seu obradoiro. Realizou Eva (1491) e a Tumba do bispo Rudolf von Scherenberg (1496-1499) para a catedral de Würzburg, o Retablo do Sagrado Sangue (1499-1505) para a Jakobskirche de Rothenburg ob der Tauber, e o Retablo da Virxe (1505-1510) para a Herrgottskirche de Creglingen.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da medicina. Catedrático de Historia da Medicina na Universidade de Valladolid (1973). Escribiu Idealisme i positivisme en la medicina catalana (1973), Cirugía española ilustrada y su comunicación con Europa (1976), Medicina y ciencia en la España ilustrada (1981) e Historia de la cirugía (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ebanista alemán. Formado en Francia e discípulo de Jean François Oeben, foi a figura máis destacada dos estilos Luís XV e Luís XVI. Destacaron os seus pequenos escritorios de cilindro con espléndidas marquetarías e aplicacións de bronce, e secreteres.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo e xurista. Profesor nas universidades de Buffalo (1937-1941), Chicago (1946-1958) e Harvard (1958-1981), analizou o alleamento dos individuos nas grandes ciudades. Das súas obras destacan The Lonely Crowd (1950), Faces in the Crowd (1952) e Academic values and mass education (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. De tendencia liberal, foi membro da Deputación Provincial (1854-1862), deputado nas Cortes polo distrito de Pontevedra durante tres lexislaturas (1858-1866), senador pola provincia homónima en dúas ocasións (1872 e 1876-1877) e senador vitalicio desde 1877. Destacou polo seu talento industrial e, en 1869, fixo a presentación política de Uxío Montero Ríos en Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten facilidade para meterse en rifas ou en disputas.
-
REXIÓNS
Rexión desértica do S de Afganistán, que se estende polas provincias de Helmand e Qandahār.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Enxeñeiro de montes. Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, os seus estudos centráronse en botánica forestal, sistemas silvopastorais, plantas medicinais e micoloxía. Escribiu Trabajo botánico sobre las Islas Cies (1977) e foi coautor de Guía das árbores e bosques de Galicia (1992), Guía de plantas medicinais de Galicia (1996), Ecología y manejo de praderas (1999) e Establecemento de sistemas silvopastorais (2001). Recibiu o Premio de Investigación en Ciencias Forestais da Deputación de Pontevedra (1984). Pertence á Real Academia Galega de Ciencias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor holandés. Coñecido como Rembrandt, foi discípulo dos pintores italianistas Jacob Isacszoon van Swanenburch e Jacob Symonszoon Pynas. En Leiden traballou estreitamente con Jan Lievens e en 1631 trasladouse a Amsterdam, onde frecuentou o taller de Pieter Pieterszoon Lastman. Estilisticamente partiu dunha base italiana clasicista, influído pola obra de Caravaggio, aínda que a súa obra se dividiu en dúas etapas, diferenciadas pola morte da súa dona, Saskia (1644). Na primeira (1625-1644) partiu dun naturalismo aínda non formado e reforzado por un claroscuro máis formal que ideolóxico (A lección de anatomía do doutor Tulp, 1632). A luz e a cor empregadas foron suaves e potenciaron a beleza plástica dos conxuntos, nos que con frecuencia representou a filósofos e a personaxes bíblicos (A lapidación de Santo Estevo, 1625), aínda que tamén tratou o tema mitolóxico (Artemisa, 1634) e o retrato (A parella feliz, 1634). O segundo período correspondeuse...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Presidiu o Consello de Comisarios do Pobo á morte de V. I. Lenin (1924), e foi destituído en 1930 pola súa oposición á colectivización. Procesado por desviacionista, foi executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Aos 14 anos compuxo unha serie de poemas de gran perfección inspirados en Victor Hugo e Baudelaire, aos que sempre admirou. A súa revolución poética caracterizouse pola ruptura formal con calquera concepto da moral tradicional, coa relixión e a literatura. O resultado foi un dos seus poemas máis conmovedores, Le bateau ivre (1871). En Une saison en Enfer (1873) rexeita a poesía, as súas rebelións e alucinacións, aínda que todo reaparece, máis acentuado, nos seus poemas en prosa Illuminations (1874), a maioría escritos entre 1874 e 1875, que representan o final da evolución poética do autor. Creou unha linguaxe poética riquísima en sensacións, con metáforas desconcertantes e unha máxica sonoridade.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é moi ostentoso ou chamativo.
-
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Activo en Roma, viaxou a Rusia, onde foi nomeado (1756) arquitecto de corte do futuro Pedro III. Das súas obras destacan o palacio de mármore de Peterburgo (1768-1785), o palacio chinés de Oranienbaum (1762-1768) e o palacio de Gacina (1766-1777).
VER O DETALLE DO TERMO -
MACIZO
Macizo volcánico situado na illa de Lombok, Indonesia. O seu cumio acada os 3.726 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proba empregada para a determinación do fluxo e a presión do aire que atravesa as fosas nasais durante a respiración. É un método eficaz para a diagnose das alteracións que provocan obstrución nasal, como os pólipos nasais, as vexetacións adenoides e as desviacións do tabique nasal.
-
GALICIA
Xeógrafo e investigador. Doutor en Xeografía pola Universidad de Madrid, foi catedrático de Xeografía na Escola de Maxisterio de Santiago de Compostela e director do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Pertenceu á Real Academia Galega, á Real Academia Galega de Ciencias, ao Consello da Cultura Galega e ao Instituto Galaico-Minhoto. Coordinador do proxecto Galicia Xeografía de Hércules de Ediciones, das súas obras destacan Bibliografía económica de Galicia (1960), Aplicaciones prácticas de geografía general para profesores de EGB (1980), Didáctica da Xeografía (1981), Cartografía Xurisdicional de Galicia no século XVIII (1990), Os ríos galegos. Morfoloxía e réxime (1992), Estudios de xeografía de Galicia (1995) e Galicia, esa descoñecida (1999). Recibiu, entre outros galardóns, a Medalla Castelao (1996) e o Premio das Artes e das Letras de Galicia (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do estado de Acre, Brasil, situada á beira do río homónimo (226.054 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e fotógrafo. Estudou fotografía e deseño industrial en Nova York. Comezou experimentando co debuxo e a pintura ata que en 1968 se orientou cara á fotografía e a realización cinematográfica. Instalado en Brasil (1972), foi correspondente da axencia Magnum (1978) ata que regresou á pintura (1985). Nos seus traballos, moitos deles perdidos por un incendio (1980), experimentou coa cor. Publicou Dulce Sabor Amargo (1985). Participou na V Fotobienal de Vigo (1992).
VER O DETALLE DO TERMO