Rimbaud, Jean Arthur
Rimbaud, Jean Arthur
Poeta. Aos 14 anos compuxo unha serie de poemas de gran perfección inspirados en Victor Hugo e Baudelaire, aos que sempre admirou. A súa revolución poética caracterizouse pola ruptura formal con calquera concepto da moral tradicional, coa relixión e a literatura. O resultado foi un dos seus poemas máis conmovedores, Le bateau ivre (1871). En Une saison en Enfer (1873) rexeita a poesía, as súas rebelións e alucinacións, aínda que todo reaparece, máis acentuado, nos seus poemas en prosa Illuminations (1874), a maioría escritos entre 1874 e 1875, que representan o final da evolución poética do autor. Creou unha linguaxe poética riquísima en sensacións, con metáforas desconcertantes e unha máxica sonoridade.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Charleville -
Deceso
Lugar : Marsella