"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • GALICIA

    Parroquia do concello de Santiso. baixo a advocación de San xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello das Pontes de García Rodríguez, onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Eume, situado no NO da Comunidade Autónoma de Galicia e no N da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é 3° 27’ de latitude N e 7° 51’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Mañón e Ortigueira (comarca de Ortegal), ao L con Muras e Xermade (comarca de Terra Chá), ao S con Xermade (comarca de Terra Chá) e Monfero (comarca do Eume), e ao O coa Capela (comarca do Eume) e San Sadurniño e As Somozas (os dous da comarca de Ferrol). Abrangue unha superficie de 249,4 km2, en que acolle unha poboación de 11.531 h (2007), distribuída nas parroquias do Aparral, Bermui, O Deveso, Espiñaredo, A Faeira, O Freixo, Goente, As Pontes de García Rodríguez, Ribadeume, San Pedro de Eume, Seoane, Somede e Vilavella. A capital está na vila das Pontes de García Rodríguez, localizada a 121 km de Santiago de Compostela e a 76 km da Coruña. Está adscrito á diocese de Mondoñedo-Ferrol e ao partido xudicial de Ferrol.
    Xeografía física
    O relevo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Chamoselo en Vilavella (As Pontes de García Rodríguez). Coñecida como a ponte romana, construíuse no s XIII e ten un só van de xisto. Sitúase no antigo camiño a Viveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada nas Pontes de García Rodríguez. Datada entre os ss XVI-XVIII, ten planta rectangular e tres naves cunha sancristía engadida no lado sur. As capelas laterais cóbrense con bóveda de cruzaría e a central cunha bóveda estrelada. A fachada ten unha porta arquitrabada con ventás rectangulares e circulares, e está enmarcada baixo un frontón partido coa imaxe da Virxe. Destaca a torre-campanario (1759) formada por dous corpos e rematada nunha cúpula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Comarca situada no centro da provincia do mesmo nome e no SO da Comunidade Autónoma de Galicia. Esténdese desde os 43° 10’ aos 43° 25’ N e desde os 8° 10’ aos 8° 35’ O. Limita ao N coa comarca do Salnés, a de Caldas e a de Tabeirós-Terra de Montes, ao O co Salnés, a ría de Pontevedra e O Morrazo, ao S coa comarca e ría de Vigo, e ao L coas comarcas do Carballiño e do Ribeiro. Abrangue unha superficie de 623,9 km2, en que acolle unha poboación de 114.206 h (2001), distribuída entre os concellos de Barro (37,6 km2, 3.468 h), Campo Lameiro (63,8 km2, 2.235 h), Cotobade (134,7 km2, 4.687 h), A Lama (111,7 km2, 2.947 h), Poio (33,9 km2, 14.271 h), Ponte Caldelas (87 km2, 5.921 h), Pontevedra (118,3 km2, 74.942 h) e Vilaboa (36,9 km2, 5.735 h). Esténdese en sentido O-L desde o fondo das rías de Pontevedra e Vigo cara ao límite da provincia. Na xerarquía funcional dos núcleos de poboación, destaca...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza cilíndrica ou prismática, cunha rosca interior, que se adapta a un parafuso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Farnadeiros (Muíños). O seu cumio acada os 1.020 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Dozón, no concello homónimo. O seu cumio acada os 740 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conxunto de cousas sucias ou de aspecto desagradable que dan noxo.

    2. Dito ou feito groseiro ou desagradable.

    3. Acto que atenta contra a decencia ou a moral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen non ten hábito de aseo ou de limpeza e presenta un aspecto físico pouco coidado e aseado.

    2. Que ou quen é mal falado e di porcalladas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Goiás (Lalín). O seu cumio acada os 677 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Castro, que nace e desemboca na parroquia da Pereiriña (Cee).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte que forma un dos contrafortes da serra da Cova da Serpe, situado na parroquia de Nodar (Friol). O seu cumio acada os 748 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Grou (Lobios). O seu cumio acada os 1.000 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. O centro da súa obra é a narrativa e dela cómpre subliñar Solnegre (1961), La lluna i el “Cala Llamp” (1963), Els escorpins (1965) e Els Argonautes (1968), en que presenta o universo mítico de Andratx, sobre o que construíu gran parte da narrativa posterior (Difunts sota els ametllers en flor, 1970; Les primaveres i les tardors, 1986). Co volume de contos Reivindicació de la vídua Txing (1977), a súa obra faise máis cosmopolita e dinámica. Como dramaturgo asume tanto as experiencias do teatro do absurdo coma as posibilidades dun novo teatro satírico e crítico. Interesado polas historias e as viaxes, en castelán escribiu El conflito árabe-israelí (1969) e Viajes expectantes. De Marrakech a Pekín (1994). Con L’emperador o l’ull del vent...

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Arxila moi fina composta de feldespato e caolín que se diferenza da normal pola súa transparencia. Hai diversos tipos que normalmente se cocen entre 1.200 e 1.600°C. Descubriuse en China durante a dinastía Han (180 a C-80 d C), e foron momentos destacados da súa fabricación as dinastías Sui (581-617), Tang (618-906), Sung (960-1290), Ming (1368-1643) e o período K’ang-hi (1622-1722). Coñeceuse en Europa a raíz das Cruzadas, as viaxes de Marco Polo e o comercio con Oriente. O alquimista Boettcher, ao servizo de Guillerme I de Prusia, descubriu o caolín branco de Saxonia (1708), produciu porcelana e estableceu a primeira fábrica en Dresden, á que seguiron as de Berlín e Meissen. Fóra de Prusia creáronse as manufacturas de Delft, de Limoges, de Sèvres, de Capodimonte e do Buen Retiro.

      2. Obxecto feito con este material.

    1. Mestura fundida composta de caolín, cuarzo, feldespato e outros materiais, que se emprega na fabricación de dentes artificiais.

    2. Molusco mariño gasterópodo prosobranquio da familia dos cipreidos, coa cuncha oviforme, coas voltas invisibles, a abertura moi estreita e falta de opérculo. Habita nos mares tropicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arxila ou lousa semivitrificada semellante á porcelana ou ao xaspe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e gravador holandés. Cultivou a mariña, cunha grande unidade espacial e tonal, que anunciou a escola paisaxística do s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO