"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Enfermidade inflamatoria, aguda ou crónica, das válvulas cardíacas e da membrana que recobre interiormente o corazón, o endocardio. O resultado final é a deformación das válvulas, que ocasiona valvulopatías crónicas, e a formación de émbolos. Aínda que as causas poden ser diversas, os principais tipos etiolóxicos son a endocardite infecciosa e a endocardite reumática. A endocardite infecciosa caracterízase por lesións ulcerosas producidas por diversos xermes, acompañadas de febre, sopro cardíaco e aumento do tamaño do bazo. A infección, a miúdo de orixe bucodental, implántase case exclusivamente sobre un endocardio previamente alterado por unha valvulopatía reumática ou por unha cardiopatía conxénita. Detense, case sempre, empregando antibióticos, como a penicilina. Os casos de endocardite infecciosa aumentaron paralelamente ao incremento do número de drogodependentes. A endocardite reumática localízase especialmente na válvula bicúspide ou na sigmoide aórtica, e case sempre vai acompañada...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capa interna do pericarpo do froito, que se corresponde algunhas veces coa epiderme interior do carpelo. Ás veces está lignificada e constitúe, neste caso, a pebida.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Mover un sistema óptico ao longo do seu eixe para conseguir que a imaxe dun obxecto se forme no punto desexado.

      2. Modificar a distancia entre o obxectivo e a placa ou película sensible, nunha cámara, para obter unha imaxe ben nítida. Nas primeiras cámaras fotográficas colocábase no lugar da placa un vidro esmerilado, sobre o que se formaba a imaxe que, unha vez enfocada, era substituída pola placa. Este procedemento foi desprazado polos dispositivos de visor directo, polo dispositivo réflex ou pola colocación dun dobre obxectivo. Tamén se utiliza o enfoque automático por raios infravermellos, por ultrasóns e por comparación de contrastes.

    1. Concentrar o feixe de electróns dun tubo de raios catódicos sobre un punto determinado por medio da acción de campos electrostáticos ou magnéticos adecuados.

    2. Dirixir un foco de luz a un punto determinado.

    3. Examinar ou tratar algo dende un determinado punto de vista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Matar a alguén pendurándoo dunha corda ou doutro obxecto polo pescozo ata asfixialo.

    2. Matarse unha persoa colgándose dunha corda colocada arredor do pescozo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer escuro ou fusco.

    2. Tapar os buracos e irregularidades que quedan nunha parede ao acabar de construíla.

    3. Cubrir con xeso, morteiro ou outro material un muro para igualar e protexer a súa superficie.

    4. Cubrirse o ceo de nubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dedicarse con moito afán ou interese a unha actividade.

    2. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘emporcar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer escuro ou fusco.

    2. Tapar os buracos e irregularidades que quedan nunha parede ao acabar de construíla.

    3. Cubrir con xeso, morteiro ou outro material un muro para igualar e protexer a súa superficie.

    4. Cubrirse o ceo de nubes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Formouse no Instituto de Arquitectura de Berlín. Traballou en Tallinn como arquitecto municipal e en San Petersburgo. En 1816 trasladouse a Finlandia, onde introduciu o estilo neoclásico. Encargouse da reconstrución e do plano urbanístico de Helsinqui. Construíu, entre outras obras, o Senado (1818-1822), a universidade (1818-1832), a catedral luterana (1830-1840) e a biblioteca universitaria (1836-1844) da capital finlandesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Poñer  algo nun marco.

    2. Situar algo dentro dun determinado marco ou contexto.

    3. Servir algo de marco.

    4. Situarse algo nun marco ou nun contexto determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de enmascarar ou enmascararse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ocultar a cara cunha máscara.

    2. Protexer zonas dunha imaxe mentres se traballa sobre outras, co fin de resgardala.

    3. Ocultar ou disimular algo coa intención de que non se saiba.

    4. Cubrir cunha máscara a faciana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1578-1580), derradeiro da dinastía de Avís, fillo de Manuel I e María de Castela. Tomou os hábitos menores con catorce anos como prior comendatario de Santa Cruz de Coimbra. Foi bispo de Braga con 22 anos, inquisidor xeral do Reino de Portugal e das súas posesións ultramarinas, bispo de Évora (1540) e arcebispo de Lisboa entre 1562 e 1574, data na que regresou á sé de Évora. Administrador vitalicio do mosteiro de Alcobaça (1542), acadou o cardealado en 1545. Fundou a Universidade de Évora (1559). Rexente do seu sobriño Sebastián I (1562-1568), sucedeuno en 1578 trala súa morte. Non deixou resolto o problema sucesorio e á súa morte a coroa recibiuna Filipe II, neto de Manuel I.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escritor cubano. Comezou os seus estudios en Cuba e en 1924 asistiu á Pennsylvania Academy of Fine Arts de Philadelphia. Regresou a La Habana en 1925 e participou na Exposición de Arte Nuevo (1927). Viaxou a España e Francia e coñeceu o surrealismo (1930-1933). As súas obras caracterizáronse pola sensación de transparencia conseguida pola xustaposición de cores. Destacan, entre outras, El rapto de las mulatas, Caída de Martí en Dos Ríos, Campesinos felices e El duelo. Escribiu contos e novelas entre as que destaca Tilín García (1939). A súa obra móstrase no Museo Memorial Hurón Azul, instalado na que fora a súa residencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mover, en xadrez, o rei dúas casas cara á torre e poñer esta do outro lado e a carón do rei. Este movemento só se pode realizar se ningunha das dúas pezas foi movida ao longo da partida, se as casas que as separan están libres e se no movemento o rei non queda   exposto a xaque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pór a estriga na roca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dar voltas a algo sobre si mesmo ou arredor dalgunha cousa.

    2. Introducir unha cousa a volta de rosca.

    3. Dar voltas un animal ou unha planta sobre si mesmo ou sobre algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Meter ou gardar algunha cousa nun saco ou saca.

    VER O DETALLE DO TERMO