"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Mestre de obras. Construíu parte do claustro do mosteiro de San Salvador de Lourenzá (1653). En 1663 fíxose cargo da dirección das obras do convento da Purísima Concepción das Recoletas Agostiñas de Lugo e da construción da súa igrexa, e en 1675 do claustro e de parte dos edificios do convento de Santa Clara de Monforte de Lemos. No convento de San Francisco de Viveiro refixo a fachada e construíu o campanario (1692), e en Mondoñedo encargouse da reparación da capela de Nosa Señora dos Remedios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Manuel Moldes, formou parte do grupo Atlántica. A súa pintura, que partiu dunha base expresionista (Electric man, 1977), desembocou na década de 1980 nunhas representacións en que predominaron a figuración abstracta (Aquenón, 1980; Presenzas de Afonso X, 1981), e un forte protagonismo da liña. Desta época destacan O abó-Gran Dida no sillón (1983), Oubea o lobo (1985), Vigo traballa (1986) e o mural O río da vida (1987), realizado para a sede da UNED en Pontevedra. Desde finais desta década e xa na de 1990 pasou a incluír diferentes materiais nas pinturas como madeiras ou ferros (A catedral, 1987; Gran construtor, 1991; Orixe e desenrolo da gran espiral no camiño que leva a unha estrela, 1992). Desde 1996 a abstracción foi totalmente predominante (Gran Mamma fundida no seu tempo, 1995-1996; Ensoñación Adán e Eva, 1996) e foi a serie Vieiros a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Erudito e bibliófilo. Dedicouse ao estudo da poesía do s XVI e á procura e catalogación de pregos soltos poéticos e manuscritos. Foi vicepresidente de The Hispanic Society of America e membro da Real Academia Española desde 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bandoleiro. Coñecido como Xan Quinto, a súa cuadrilla actuou pola comarca do Salnés e o Barbanza. Foi acusado de homicidio, violación de morada, roubos e asaltos con intimidación (1870-1880).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Funcionario e político agrarista. Loitador antiforista e orador, presidiu a Federación Municipal Agraria de Tomiño. Foi membro do Partido Galeguista, coorganizador e tesoureiro do Congreso Provincial Agrario (1929) e alcalde interino do concello de Tomiño en 1931. Foi redactor de El Agro de Tomiño (1928), fundador e director do semanario Agro del Miño (1931) e redactor de Nuevo Heraldo (1934-1936). Publicou Memoria correspondiente al XX año de su existencia y al Ejercicio de 1925 (1926).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Destacou na revindicación da liturxia en galego. Escribiu Pro e contra da liturxia en galego: historia dunha polémica (1980), Nova concencia da Igrexa galega (1976) e as obras dramáticas Creón, Creón (1975), Ifixenia non quere morrer (1977) e Alcestes, traxedia en dous actos e sete cadros (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Hispanista, fillo de Ricardo Rodríguez Pastor. Coñecido tamén como Antonio Pastor ou Zacharías de la Medem, doutorouse en Oxford coa tese La teología de Plotino. Foi lector de literatura española e historia de España en Oxford e catedrático da Cervantes Chair of Spanish Language and Literature. Fundou e dirixiu o Instituto de España en Londres e vicepresidiu a Anglo-Spanish Society. Foi académico correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia Española. Das súas obras destacan Un embajador de España en la escena inglesa (el Conde de Gondomar) (1925) e The idea of Robinson Crusoe (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Colaborou nas publicacións Archivo ibero-americano e El Eco Franciscano, da que foi director. Publicou La Santa Misa, Glorificación de la Santísima Trinidad (1943) e El Episcopado gallego a la luz de los documentos romanos (1946). Foi académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político paraguaio. Protagonizou un golpe de estado en febreiro de 1989 contra o réxime de Alfredo Stroessner e proclamouse presidente do Estado de Paraguay e das Forzas Armadas. Durante o seu goberno legalizou os partidos políticos. Foi reelixido nas eleccións presidenciais de 1989 pero a Constitución de 1992 vetou a súa reelección e foi substituído por Juan Carlos Wasmosy Monti.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Foi elixido deputado polo distrito de Padrón en catro ocasións entre 1918 e 1923, e pola provincia da Coruña pola ORGA (1931-1933) e polo Partido Republicano Radical (1933-1936). Formou parte da redacción da Constitución de 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e farmaceútico. Foi deputado na Deputación Provincial de Lugo entre 1979 e 1991, alcalde do concello de Bóveda (1984-1985), deputado do Parlamento de Galicia (1985-1999) e senador electo por Lugo (2000-2004). Presidiu e fundou a asociación Grupo Local de Desenvolvemento Rural Río Lor (1991-1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Durante a Primeira Guerra Carlista e ata 1834 foi encarcerado por supoñer a súa afiliación aos carlistas e pola publicación de El secreto revelado (1827).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Foi o primeiro español en obter o grao de doutor en Misionoloxía polo Instituto Misional Científico de Propaganda Fide. Estivo nas misións en Marrocos (1936) e Roma (1937), e en Pontevedra dirixiu a Unión Misional Franciscana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mago, humorista e presentador de televisión. Como mago obtivo diversos recoñecementos en congresos nacionais e internacionais. Realizou ademais unha xira por distintos países europeos, especialmente por Reino Unido, onde actuou en diversas ocasións na BBC. En España participou en programas de TVE e Tele 5.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico, escritor e produtor audiovisual. Coñecido como Antón Reixa, licenciouse en Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, onde entrou en contacto coas vangardas artísticas do momento. En 1975 fundou, xunto con Alberto Avendaño, Manuel Romón e Camilo Valdehorras, o Grupo de Comunicación Poética Rompente, co que publicou as obras Silabario da turbina (1978), As ladillas do travesti (1979) e A dama que fala (1983). A comezos da década de 1980 iniciou un achegamento a distintas formacións musicais como Siniestro Total e fundou, en 1982, o grupo de rock Os Resentidos, do que foi vocalista. Durante estes anos colaborou con outros intérpretes e formacións musicais, como Henrique X. Macías, Bibiano, Xosé Manuel Piñeiro, Na Lúa e La Fura dels Baus. En 1995 comezou un novo proxecto musical coa creación do grupo Nación Reixa, que tivo unha proxección nacional, e colaborou con grupos como Negu Gorriak. Director e presentador de programas en Radio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Perito marcantil, estudou tamén maxistero. Foi director da Escuela-Hogar Ciudad de los Muchachos e presidente da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Elixido deputado por Ourense entre 1979 e 1996 e senador electo por Ourense (1996-2000), foi secretario xeral (1982-1985) e presidente (1985-1988) do PSdeG-PSOE e membro do comité federal do PSOE (1982-1994). Foi presidente de FETE-UGT Galicia (1981). Desde 2002 é membro e voceiro do PSdeG-PSOE no Consello de Adminisración   da Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso marista. Fundou e dirixiu as revistas Radia Nacional e Mandos, así como o Seminario de Hagiografía, Toponimia y Onomástica de Galicia. Publicou Breviario de la vida y la muerte (1930), La labor misionera de España en el mundo (1950) e Ribadavia, plataforma turística (1965). Deixou inéditas Dicionario religioso de urgencia e Hagiografía de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e escritor. Inventou unha regra movible para a escritura de cegos e publicou Estudio clásico sobre el análisis de la lengua española (1895), Origen filológico del idioma gallego. Apuntes gramaticales sobre el romance gallego de la Crónica Troyana (1898) e as novelas A boda do grilo (1907) e O pantasma (1907), que se inseriron en El Eco de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico. Presidiu a Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia (1926-1939) e foi académico correspondente da Real Academia Española. Escribiu Procesos de formación y eliminación del ácido úrico, Patogenia de la angina de pecho e Concepto energético biogenésico y valor terapéutico de las aguas naturo-medicinales (1922).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo e político. Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, ingresou na UPG en 1971, da que foi secretario xeral ata que a formación se integrou no BNG. Foi membro da comisión permanente e do consello nacional do BNG e deputado no Parlamento de Galicia (1993-1997) e no Congreso desde 1996. Cultivou a crítica literaria e o ensaio, e colaborou en diversas publicacións, como A Nosa Terra e Diario 16 de Galicia. Das súas obras destacan A evolución ideolóxica de M. Curros Enríquez (1973), Conflito lingüístico e ideloxía na Galiza (1976), Problemática nacional e colonialismo (1978), en colaboración con Ramón López-Suevos; Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro (1988, Premio da Crítica Galega), Literatura galega contemporánea. Problemas de método e interpretación (1990) e Eduardo Blanco-Amor. O desacougo da nación negada (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO