Rodríguez Moldes, Manuel

Rodríguez Moldes, Manuel

Pintor. Coñecido como Manuel Moldes, formou parte do grupo Atlántica. A súa pintura, que partiu dunha base expresionista (Electric man, 1977), desembocou na década de 1980 nunhas representacións en que predominaron a figuración abstracta (Aquenón, 1980; Presenzas de Afonso X, 1981), e un forte protagonismo da liña. Desta época destacan O abó-Gran Dida no sillón (1983), Oubea o lobo (1985), Vigo traballa (1986) e o mural O río da vida (1987), realizado para a sede da UNED en Pontevedra. Desde finais desta década e xa na de 1990 pasou a incluír diferentes materiais nas pinturas como madeiras ou ferros (A catedral, 1987; Gran construtor, 1991; Orixe e desenrolo da gran espiral no camiño que leva a unha estrela, 1992). Desde 1996 a abstracción foi totalmente predominante (Gran Mamma fundida no seu tempo, 1995-1996; Ensoñación Adán e Eva, 1996) e foi a serie Vieiros a que mellor representou a pintura desta época. Nunha nova etapa, en que retornou á figuración aínda que mesturada co abstracto, pintou A matanza do Gran Porco (2003), que lle serviu para facer unha denuncia da catástrofe do Prestige e da xestión gobernativa que lle sucedeu. Obtivo a Medalla de Ouro da XXI Bienal de Arte de Pontevedra (1990) e o Gran Premio de Honra do I Salón de Otoño da Real Academia de Bellas Artes da Coruña.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra