"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PERSOEIRO
Relixioso e historiador. En 1678 foi nomeado procurador das provincias xesuítas das Indias. Escribiu El Marañón y el Amazonas (1684).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Farmacéutico e político. Foi alcalde de Lugo (1839), deputado durante tres lexislaturas (1839-1843) e membro da Real Academia Médico Farmecéutica de Galicia e Asturias. Traduciu a obra de Achille Richard Formulario portátil. Tercera edición con gran número de recetas nuevas [...] Traducida del francés con algunas adiciones por Manuel Anselmo Rodríguez (1826).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso agostiño. Misioneiro en China, en 1780 o gobernador de Macau enviouno a Lisboa para solicitar protección e axuda na cuestión dos ritos chineses. Escribiu Arte de la lengua china e Vocabulario de la lengua china.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi predicador xeral, notario apostólico e cronista xeral da orde franciscana en Nueva España. Publicou Vida prodigiosa del Venerable Siervo de Dios el Beato Fr. Sebastián Aparicio, religioso lego de la Orden de San Francisco, natural del católico Reino de Galicia, en la antigua España (1831) e Relación jurídica de la libertad de la muerte intentada contra la persona del R. P. Fr. Andrés Picazo [...] (1769).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista e político. Foi director do Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) e subsecretario do ministerio de Administracións Públicas. Presidiu a Fundación Instituto Internacional de Administración Pública e dirixiu a Escola Galega de Administración Pública (EGAP, 1990-1996). Pertenceu ao consello de expertos en Administracións Públicas de Naciones Unidas, ao consello científico do Centro Internacional de Estudios Políticos e foi presidente da sección española do Instituto Internacional de Ciencias Administrativas. Escribiu Estudios de derecho autonómico (1997), Cuatro estudios de derecho administrativo europeo: (derechos fundamentales, subsidiariedad, subvenciones y administraciones públicas) (1999), La Dimensión ética (2001) e Estudios sobre la Constitución (2002). Recibiu a Gran Cruz de la Orden de Isabel la Católica (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Avogado e militar. Director do Centro de Derecho Internacional Humanitario de Cruz Roja Española, foi conselleiro togado do Cuerpo Jurídico Militar, director da Revista Española de Derecho Militar, presidente do Tribunal Militar Central e director da Escuela Militar de Estudios Jurídicos. Recibiu a Gran Cruz del Mérito Naval, a Gran Cruz del Mérito Militar, a Cruz de Plata da Garda Civil e o Premio Tomás y Valiente.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Militar. Coronel da Armada, colaborou no Centro de Estudios Superiores de Intendencia da Armada, así como nas obras de restauración arquitectónica do Arsenal de Ferrol e do castelo de San Filipe. Publicou San Campio, patrón de levas (1977) e Rejas, balcones y otros hierros artísticos en la comarca de Ferrol (1980).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, fillo de João Pires de Vasconcelos e de Maria Soares Coelha, sobriño do trobador Johan Soarez Coelho e irmán do bispo de Lisboa, Estevão Anes. Casou con Mécia Rodrigues de Penela e tivo como fillos a Mem Rodrigues de Vasconcelos, meiriño maior do reino, e Nuno Rodrigues, mordomo de Afonso Sanchez. Aparece mencionado nas Inquirições de 1258 e 1288. Da súa produción constátanse dúas cantigas de amor e unha de amigo no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e tres composicións de amigo no Cancioneiro da Vaticana. Estas últimas presentan certa homoxeneidade, especialmente no aspecto temático, pois tratan unha confidencia lírico-dramática arredor dos termos ‘pedir ben/fazer ben’. En “Preguntei ua don[a] en como vos direi” prodúcese un diálogo entre o trobador e a senhor, enclaustrada nun convento, onde ela sente moito pesar e di que non vai renunciar ao amor humano. Trátase dun tema pouco común na lírica galego-portuguesa, pero si habitual...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador e cabaleiro portugués, fillo de João Soares e Teresa Gonçalves Bezerra. Activo no terceiro cuarto do s XIII, está considerado descendente da liña de Egas Moniz de Ribadouro. Nas Inguirições de 1258 destácase o seu carácter violento e, segundo un documento de 1269, mantivo certa relación con Pero Anes Gago, polo que puido frecuentar a corte de Afonso III. Da súa produción consérvase unha cantiga de amigo, localizada no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no Cancioneiro da Vaticana, titulada “Ai amiga, tenh’eu por de bon sen”, onde a amiga eloxia o autor polo seu respecto cara aos códigos do amor cortés e o segredo amoroso.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués, fillo de Mor Perez de Pereira e Johan Perez Redondo, ricohome de D. Sancho II, e neto de Pero Soarez o Escaldado, da familia dos Velho. A súa familia aparece frecuentemente no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro. Casou con Mor Fernandez de Curutelo e instalouse en Santarem (1290), cidade da que foi benefactor, e tivo como fillo ao trobador Fernan Rodriguez Redondo. Localizado en abundante documentación, en 1232 é testemuño dunha venda de seu pai ao mosteiro de S. Vicente de Lisboa; e en 1286 aparece como un dos trobadores que acompañaron a D. Sancho II no seu exilio; posteriormente converteuse en home de confianza de D. Denis. Ben el mesmo, ben o seu fillo, aparecen mencionados tamén en documentos da corte de Afonso X o Sabio. Atribúenselle cinco cantigas de amor no Cancioneiro da Ajuda. Tamén resulta problemática a atribución do sirventés “Suer Fernándiz, si veja plazer”, pois dubídase na súa autoría entre pai e fillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e compositor. Foi organista e mestre de capela de Santa María de Baiona e de Santiago de Vigo. Compuxo numerosas baladas e melodías como “Reflexos da terra”, “Sin niño”, “Coitas e bágoas”, “Saudades da alborada” ou “A noite”, a zarzuela “La Virgen de la Roca”, estreada en 1911, e adaptou para piano alalás, muiñeiras e outras pezas tradicionais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político ruso. Presidiu a derradeira Duma (1911-1917) e, ao producirse a Revolución de Febreiro de 1917, buscou a abdicación do tsar e un pacto cos socialistas. O triunfo bolchevique fíxoo fuxir a Serbia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Membro das Irmandades da Fala, colaborou en A Nosa Terra, O Tío Marcos da Portela e Rexurdimento, e foi correspondente de El Pueblo Gallego. En 1936 exiliouse en Arxentina, onde foi presidente da Agrupación de Artistas Gallegos, director da revista Lar e colaborador doutras publicacións e programas radiofónicos, ademais de escribir contos e poesías.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Foi cofundador e redactor da revista literaria ‘t Fonteintje (1921-1924) e secretario da revista Vandaag (1929-1930). Considerado como un dos renovadores da novelística flamenga da década de 1930, escribiu Komen en gann (Ir e volver, 1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Traballou en Valladolid en círculos cortesáns e en 1603 recibiu as ordes maiores e trasladouse a Olivares. En 1614 pasou a ser capelán da corte, pero volveu a Olivares como cóengo da colexiata cara a 1621. Foi un gran colorista de gusto veneciano. Da súa produción destacan as pinturas do retablo da igrexa dos Xesuítas, o Santiago Matamoros da catedral, o Martirio de San Andrés e o Tránsito de San Isidro, todas elas en Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e escenógrafo. Cultivou os temas folclóricos e históricos dentro dun estilo decorativista e adheriuse ao grupo Mir Iskusstva. Como escenógrafo colaborou cos ballets de Diaghilev.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e escritor, fillo de Xoán Rof Codina. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, completou a súa formación en Colonia, Viena e París. En España traballou para o doutor Gregorio Marañón e a fundación Rockefeller. Foi membro e fundador de diversas sociedades médicas, como a Sociedad Española de Medicina Psicosomática, e presidente do Instituto de Ciencias del Hombre. Escritor prolífico e colaborador de diversas publicacións, como Grial, das súas obras destacan Patología psicosomática (1949), primeiro achegamento en España a esta disciplina; Urdimbre afectiva y enfermedad: Introdución a una medicina dialógica (1961), Violencia y ternura (1967), Teoría y práctica psicosomática (1984), e o ensaio Mito e realidade da terra nai (1957). Membro da Real Academia Nacional de Medicina e da Real Academia Española, pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Veterinario. Ingresou na Veterinaria militar e máis tarde no Corpo de Hixiene e Sanidade Pecuaria. Destacou polos seus estudos sobre o carbuncho e a ictericia hemolítica. En 1906 fundou a primeira clínica veterinaria en España e conseguiu a representación dos produtos do Institut Pasteur. Vinculado ao movemento agrarista, participou en Solidaridad Gallega e en diversas asembleas agrarias. Na Asemblea de Monforte de Lemos de 1907 avogou pola supresión de aranceis e foros que impedían o progreso do agro. Pensaba que o sector gandeiro era clave no desenvolvemento económico. En 1932 trasladouse a Madrid, onde se encargou da Inspección General Veterinaria. Expedientado ao rematar a Guerra Civil, en 1944 obrigárono a xubilarse. Creou entón a cátedra móbil de divulgación pecuaria de Galicia. Escribiu Cartilla contra el carbunco bactericida (1910), La raza bovina gallega (1916) e Plan de mejora del ganado porcino (1944). Presidente de honor da Sociedade Veterinaria de...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fylke de Noruega (9.141 km2; 377.600 h [2001]). A súa capital é Stavanger.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Roger Ducasse.