Rodrigu’Eanes Redondo
Trobador portugués, fillo de Mor Perez de Pereira e Johan Perez Redondo, ricohome de D. Sancho II, e neto de Pero Soarez o Escaldado, da familia dos Velho. A súa familia aparece frecuentemente no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro. Casou con Mor Fernandez de Curutelo e instalouse en Santarem (1290), cidade da que foi benefactor, e tivo como fillo ao trobador Fernan Rodriguez Redondo. Localizado en abundante documentación, en 1232 é testemuño dunha venda de seu pai ao mosteiro de S. Vicente de Lisboa; e en 1286 aparece como un dos trobadores que acompañaron a D. Sancho II no seu exilio; posteriormente converteuse en home de confianza de D. Denis. Ben el mesmo, ben o seu fillo, aparecen mencionados tamén en documentos da corte de Afonso X o Sabio. Atribúenselle cinco cantigas de amor no Cancioneiro da Ajuda. Tamén resulta problemática a atribución do sirventés “Suer Fernándiz, si veja plazer”, pois dubídase na súa autoría entre pai e fillo.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : XIV