"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Demógrafo e xeógrafo. Creou unha tipoloxía de modelos migratorios que permite estimar migracións cando as fontes estatísticas son irregulares ou deficientes. Desde 1986 traballou no Institut of Behavioral Sciences da University of Colorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e teórico italiano. Foi membro e teórico do grupo BBPR, ao que se lle debe a colonia helioterapéutica de Legnano (1937-1938), a Torre Velasca (1957) en Milán, e o edificio comercial Hispano Olivetti, en Barcelona (1960-1964). Pertenceu aos CIAM desde 1951 a 1959, editou a revista Domus e dirixiu Casabella continuità (1954-1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador e clérigo galego. Activo no segundo terzo do s XIII, pertenceu á familia do abade de Valladolid Gomes Garcia, valido de Sancho IV e tamén trobador. Nomeado capelán por Afonso X, asinou o seu testamento o 16 de Nadal de 1273. Aínda que nas súas composicións femininas inseriu o tema da partida do amado cara a Sevilla para servir o rei, non se sabe con certeza da participación do autor na toma da cidade. Precisamente vai ser este o tema central das súas composicións de amigo, onde sinala de forma cronolóxica os diferentes estados de ánimo de antes e despois da separación. O amado, farto do sufrimento pola muller, decidiu partir en “Conhosco-me meu amigo”; pola súa parte, a amada pide á nai reunirse por última vez en “Madre, pois amor ei migo” e “Se vos non pesar ende” ou a nai participa da dor da filla e esta láiase da marcha do amado en “Id’ é meu amigo d’aqui”. Nas cantigas de amor, onde emprega unha coidada retórica e algunhas innovacións estilísticas e temáticas, destacan “De...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sacerdote e mártir. Martirizado durante a persecución de ‘Abd al-Ra ḥ mān por renunciar á crenza en Mahoma, morreu xunto con outro cristián chamado Salomón. A súa festividade celébrase o 13 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e crítico literario grego. Dirixiu a Biblioteca Nacional de Atenas (1880) e valorou a poesía popular e a obra dos poetas da escola xonia. Escribiu a novela histórica A papisa Xoana (1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora. Profesora da Universidade de Santiago de Compostela e colaboradora de diversas publicacións, especialmente daquelas relacionadas coa literatura, como Boletín galego de literatura e Dorna, publicou Magariños Negreira. Un home da “Época Nós” (1988), con A. Liñares Giraut. Ademais, traduciu diversos libros, como Aquela Xulia Redfern (1990), de Eleanor Cameron, e con outros autores, encargouse das edicións de A tecedeira de Bonaval (1985), de A. López Ferreiro, Follas Novas (1990), de Rosalía de Castro, e Maxina (1991), de Marcial Valladares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e escritor. Considerado o mellor poeta valenciano da segunda metade do s XV, elaborou historias de santos, como as de santa Ana e Madalena, fábulas mitolóxicas e a súa balada da pega e a merla, unha das pezas máis destacadas da lírica catalá. Traduciu a Vita Christi de Ludolf de Saxonia e imprimiu unha versión literal dos Salmos feita sobre a Vulgata. En prosa cómpre salientar a brevísima Traxedia de Caldesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo. Gañou o favor da corte de Filipe IV. Retocou e puliu o seu teatro co fin de conseguir en ocasións unha elegancia e unha perfección extraordinarias, e destacou por uns trazos moi característicos, como a figura da dona vingadora da súa honra, que reproduciu en Cada cual lo que le toca, Progne y Filomena, e a intensificación da figura cómica en Entre bobos anda el juego ou Don Lucas del Cigarral. Cunha poderosa forza dramática cómpre salientar Del rey abajo ninguno, en que trata o problema da lealdade á monarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. De orixe conversa, foi bacharel en leis pola Universidad de Salamanca e desde 1517 viviu en Talavera de la Reina, onde foi alcalde maior. Escribiu, partindo xa dun orixinal realizado por outro autor, quince actos de La Celestina (1499), aos que posteriormente se engadiron outros cinco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Influído por E. Hemingway e W. Faulkner, escribiu os contos Hombres del Sur (1926) e El bonete maulino (1943), a novela Lanchas en la bahía (1932) e a triloxía composta por Hijo de ladrón (1951), Sombras contra el muro (1954) e Mejor que el vino (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Lingüista. Licenciado en filoloxía románica pola Universidade de Santiago de Compostela (1969) e doutor pola mesma Universidade (1972), cunha tese sobre as construcións perifrásticas verbais en galego contemporáneo, é catedrático de Lingua Castelá da Universidade de Santiago de Compostela (1981). Ocupou os cargos de vicerreitor e decano da facultade de Filoloxía desta universidade. Foi coordinador da área de estudos lingüísticos do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, onde dirixiu diversos proxectos de investigación como o Corpus de Referencia do Galego Actual (CORGA) ou Tradución Automática Español-Galego. Tamén dirixiu o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega (1990-1994). Membro da Real Academia Española (2001) e secretario (2003), exerce como coordinador executivo do Corpus de Referencia del Español Actual (CREA) e do Corpus Diacrónico del Español (CORDE) e como investigador principal do Corpus del español sintácticamente anotado (2001-2004). Publicou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico austríaco. Orixinario de bohemia, especializouse en anatomía patolóxica e foi o primeiro en detectar a orixe bacteriana da endocardite. Describiu a úlcera de estómago que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariscal. Ingresou no exército imperial ruso (1914) e coa Revolución de 1917 pasou ao exército vermello. No inverno de 1940-1941 contribuíu á derrota dos alemáns, que intentaban apoderarse de Moscova e tivo unha participación decisiva na Batalla de Stalingrado. Mariscal desde 1944, foi proclamado heroe nacional de URSS en 1949. Nomeado mariscal de Polonia, adoptou esta nacionalidade e foi vicepresidente do Consello de Ministros de Polonia (1952). Posteriormente regresou á URSS, onde ocupou cargos no Ministerio de Defensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Morillas (Campo Lameiro). O seu cumio acada os 708 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e dorador. Realizou case todas as súas obras en colaboración co seu irmán Xoán Antonio Rolán de Santa Cruz . Destacan o retablo de santa Rosa, na igrexa parroquial da Guarda; os retablos laterais de San Pedro do Castro de Laza; o retablo da Expectación da catedral de Tui (1728) e o retablo maior de Santa Mariña do Rosal (1729).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e biólogo. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago (1961), médico puericultor (1963) e doutor en Bioloxía coa tese La familia Cornide en el Archipiélago de Cabo Verde. Desde 1978, xefe do servizo de pediatría de POVISA e desde 1989 profesor de ciencias da saúde da facultade de Medicina de Santiago de Compostela. Foi tamén profesor na Escola Universitaria de Enfermería de POVISA da Universidade de Vigo (1992-1993). Os seus estudos de malacoloxía levárono a descubrir novas especies de moluscos. Colaborou na posta en marcha do Museo Galego do Mar de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Doutor en Dereito pola Universidad de Madrid, foi profesor na Universidade de Santiago de Compostela. Dotado dunha gran sensibilidade, publicou Huellas (1932), en que insire composicións modernistas e vangardistas, e De mar a mar. Poemas (1932-1933) (1934), con poemas seleccionados por Juan Ramón Jiménez. Deixou inéditas dúas obras, Ápices e Tierra, que se publicaron postumamente en Obras Poéticas (1970), acompañadas dos poemarios xa coñecidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Inspector de manufacturas en Lyon, organizou un club xacobino. Máis tarde fíxose xirondino e foi ministro do Interior (1792). Despois do triunfo xacobino fuxiu a Normandie, onde se suicidou ao ser informado da execución da súa muller.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Cantou todo aquilo que consideraba que a humanidade perdera ou do que renegaba. Da súa obra destaca Voorbij de wegwn (Máis aló dos camiños, 1920), Een winter aan zee (Un inverno xunto ao mar, 1937) e os catro volumes da súa Obra completa (1948).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa holandesa. Comezou baixo a influencia filosófica de Spinoza, e evolucionou cara a unha poesía social e, finalmente, socio-relixiosa. Ademais das súas biografías, destacan Sonnetten en verzen in terzinen geschreven (Sonetos e versos escritos en tercetos, 1896), De nieuwe geboort (O renacemento, 1906), De vrouw in het woud (A muller na selva, 1912) e Uit de diepte (Desde a profundidade, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO