"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • Competición anual de tenis organizada pola Fédération Française de Tennis, que se celebra desde 1891 en París. En 1928 construíronse as instalacións que levan este nome como homenaxe a un famoso aviador que formaba parte do organismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Anatomista. Describiu por primeira vez a fisura do cerebro que leva o seu nome, como tamén outros detalles anatómicos do sistema nervioso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do xermánico Hrodland, formado por *hroth ‘sona, gloria, fama’ e land ‘país, terra’, e de aí ‘a gloria do país’, ou tamén pode ser esta última unha forma disimilada de nand ‘afouto, valente’, o que daría ‘o que ten sona de afouto’. Nas fontes latinas aparecen as formas Rodilandus, Rodelandus e a contracción Rolandus, base do francés Roland, o protagonista dos cantares épicos medievais. Presenta a variante Rolando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerreiro. A súa historicidade está confirmada por unha moeda, anterior a 781, un documento, saído da Corte de Carlomagno contra 772-774, e unha parte dos manuscritos máis antigos da Vita Karoli Magno de Eginard. Segundo a lenda, foi sobriño de Carlomagno, fillo de Berta, irmá deste, e de Milón de Angers. Participou en moitas das empresas guerreiras de seu tío e morreu nun combate de retagarda á volta da expedición contra os mouros da Península Ibérica. A lenda puido aparecer contra a fin do s X ou ao comezo do s XI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Traballou como mariño mercante, feito que lle permitiu coñecer novas culturas e formas de expresión mentres continuaba o seu labor artístico e creativo. Investigou novas fórmulas para a pintura ao fresco e o mosaico e realizou murais con ambas as dúas técnicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formouse en Granada con Alonso de Mena e en 1646 instalouse en Sevilla, onde abriu un taller propio. De formación naturalista, asimilou as novidades barrocas e creou un estilo persoal. Realizou o retablo da igrexa de Santa Ana en Montilla (1652), o da capela dos Vizcaínos (1666) en Sevilla e o do Hospital de la Caridad, onde tamén fixo o Cristo de la Caridad. Realizou tamén os catro relevos da fachada da catedral de Jaén (1675) e o Cristo de Expiración(1680) da igrexa de Santiago de Écija. A súa filla, Luísa Roldán (Sevilla 1656-Madrid 1704) coñecida como a Roldana, traballou para Carlos II (1695), e destacou nas imaxes de pequeno tamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Autor de dramas históricos e filosóficos, como Les loups (1897) e Le quatorzejulliet (1902); biografías, como Beethoven (1903) e Haendel (1910); e novelas como Jean-Christophe (1904-1912) e L’âme enchantée (1922-1934), durante a Primeira Guerra Mundial defendeu o pacifismo en Au-dessus de la mêlèe (1915). Recibiu o Premio Nobel Literatura en 1915.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Piloto de motos. Coñecido como Nani Roma, foi campión de Europa de enduro (1994) e medalla de ouro nos ISDE (Internacional Six Days Enduro, 1994 e 1999). Gañou o rallye de Túnez (2002), o rallye de Exipto (2003), o rallye de Sardeña (2003) e o rallye Dakar (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Joan Roma Cararach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Portas. Datada no s XIII, á construción orixinal románica engadíuselle unha torre, unha capela e unha sancristía co que a construción final mestura o románico cos estilos barroco e clasicista. Na ábsida da nave destaca a chambrana axadrezada do arco triunfal. A porta principal ten arco apuntado e presenta un reloxo enriba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do judeţ de Bačau, en Moldavia, Romanía (82.050 h [1998]). Está situada á beira do río Vltava e é un núcleo industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilalba baixo a advocación de Santalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que provén do xentilicio latino Romanus ‘romano, relativo ou pertencente a Roma’. Trátase dun cognome étnico que tiña sobre todo un valor político, o de ‘cidadán de Roma’. É posible que na difusión deste nome na Península pesase a concorrencia posterior co árabe Rumman.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe castelá que se estendeu por toda Galicia. Trae por armas, en campo de ouro, unha cruz flordelisada de goles, acompañada de catro flores de lis de azul, colocadas unha en cada cantón do escudo; bordo de goles cargado de oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión que se empregou a miúdo para designar xenericamente un gran conxunto de narracións novelescas medievais longas (ss XII e XIII), en verso ou prosa, en que predominaba a cortesía cabaleiresca e a ideoloxía do amor cortés, en oposición ao realismo ou ao popularismo. Dentro desta rúbrica colocáronse textos como as primitivas versións do Tristán en verso, as narracións de Chrétien de Troyes, e os extensos Lancelote e Tristán en prosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poema medieval francés. Consta de 22.000 versos pareados, dos que os 4.000 primeiros foron escritos por Guillaume de Lorris, ao redor de 1235. Trátase dunha alegoría onírica con base no amor cortés e influenciada polo Ars amandi de Ovidio, en que se relata o amor do poeta por unha moza que, nos seus soños, está simbolizada polo botón dunha rosa nun xardín, alegoría da vida cortesá. O seu obxectivo é conseguir a rosa, isto é, o amor da dama. O resto do poema foi escrito por Jean de Meung entre 1275 e 1280, onde ofreceu unha abundante información sobre a vida e o pensamento medievais. Tivo unha grande inflencia na literatura posterior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador de Oriente (919-944), sogro de Constantino VII. Fíxose asociar ao poder (919) e desenvolveu un goberno positivo. Asinou a paz cos búlgaros e atraeunos á órbita do imperio. Os seus fillos obrigárono a abdicar e retirouse a un convento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Bizancio 939 - 963) Emperador de Oriente (959-963), fillo e sucesor de Constantino VII. Deixou o goberno e os asuntos de estado en mans da súa muller, Teófana, e do primeiro ministro.

    VER O DETALLE DO TERMO