Román
Román
[ONOM]
Antropónimo masculino que provén do xentilicio latino Romanus ‘romano, relativo ou pertencente a Roma’. Trátase dun cognome étnico que tiña sobre todo un valor político, o de ‘cidadán de Roma’. É posible que na difusión deste nome na Península pesase a concorrencia posterior co árabe Rumman.