Roman de la rose

Roman de la rose
[LIT]

Poema medieval francés. Consta de 22.000 versos pareados, dos que os 4.000 primeiros foron escritos por Guillaume de Lorris, ao redor de 1235. Trátase dunha alegoría onírica con base no amor cortés e influenciada polo Ars amandi de Ovidio, en que se relata o amor do poeta por unha moza que, nos seus soños, está simbolizada polo botón dunha rosa nun xardín, alegoría da vida cortesá. O seu obxectivo é conseguir a rosa, isto é, o amor da dama. O resto do poema foi escrito por Jean de Meung entre 1275 e 1280, onde ofreceu unha abundante información sobre a vida e o pensamento medievais. Tivo unha grande inflencia na literatura posterior.

Palabras veciñas

Román | Román | roman courtois* | Roman de la rose | Román I Lecapeno | Román II o Novo | Román III Arxiro