"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serranía de Ronda.
-
PERSOEIRO
Político. Corrixidor de Madrid, foi o instigador do Motín dos Gatos (1699), contra o conde de Oropesa. Na Guerra de Sucesión Española serviu no bando borbónico e Filipe V nomeouno presidente do Consello de Castela, cargo do que foi destituído en 1714.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Outes. Foi construída entre 1751 e 1756 en estilo barroco. Ten planta de cruz latina e cuberta a dúas augas. Os muros son de cantaría, decorados con placas, molduras e pináculos. A sancristía colocouse anexada ao testeiro. Destaca o frontón triangular da fachada e as dúas torres cupuladas dun só corpo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. De orixe holandesa, estudou dereito en Harvard e casou cunha sobriña do presidente Theodore Roosevelt. Membro do Democratic Party, foi senador do estado de New York (1910-1913) e secretario adxunto de Mariña (1913-1920). Gobernador do estado de New York (1929-1932) afrontou a depresión de 1929 con medidas intervencionistas. Elixido presidente de Estados Unidos (1932), foi reelixido ininterrompidamente ata a súa morte. Impulsou a reactivación da economía estadounidense mediante un programa lexislativo de control e intervención na economía do país, que se coñeceu co nome de New Deal. Ao desencadearse a Segunda Guerra Mundial mantivo inicialmente a neutralidade de EE UU, pero a entrada na guerra, provocada polo ataque xaponés a Pearl Harbor, comportou un aumento da súa actividade, especialmente no campo diplomático.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Festa patronal que se celebra anualmente en Betanzos. Destaca o globo que se eleva a noite do 16 de agosto. Claudino Pita Pandelo deseñou un novo modelo en 1875 e desde entón continúan coa tradición os seus descendentes.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Residiu en Montpellier entre 1295-1327 pero, orfo desde os vinte anos, repartiu as súas riquezas entre os pobres e tomou o hábito franciscano. Atribuíronselle peregrinacións a Santiago de Compostela, Roma e Xerusalén, nas que se di que coidaba dos apestados polo camiño. Tras contaxiarse, retirouse a un monte a onde un can lle levou a comida ata que un anxo o curou. Considerado avogoso da peste, das chagas, da boa morte e protector dos cans de palleiro, o seu culto estendeuse por toda Europa no s XV, a miúdo asociado ao de san Sebastián. Iconográficamente representouse como un home de mediana idade, barbado, con vestiduras nobres, chapeu de ala ancha, mochila pendurada ao ombreiro e bordón, cunha cabaza nunha man, mentres que coa outra ergue a túnica para amosar as chagas da perna. Como elementos simbólicos porta unha ou varias vieiras (peregrinación a Santiago de Compostela), dúas chaves cruzadas (a Roma) e a palma (a Terra Santa). Representouse cun anxo cunha redoma (co que...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, político, vizconde de Ros, conde de Almina e marqués de Guad-el-Jelú. En 1838 foi deputado nas Cortes e mantívose independente entre moderados e progresistas, pero contribuíu á caída de Espartero (1843). En 1847 foi ministro de Fomento, Instrución e Obras Públicas. En 1849 foi senador. Participou no alzamento de Vicálvaro (1854) con O’Donell, que o nomeou director xeneral de infantaría. Membro da Unión Liberal, participou na Revolución de 1868. Afiliouse ao partido de Sagasta, ocupou diversos cargos baixo o reinado de Afonso XII e en 1877 converteuse en senador vitalicio.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso e avogado. Coñecido pola súa defensa dos bens eclesiásticos. Restaurado o réxime absolutista, atacou as cortes de Cádiz. En 1815 foi nomeado bispo de Tortosa. As súas pastorais condenaban as ideas liberais e tamén as da Ilustración.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mística peruana. De ascendencia crioula e de nome Isabel Flores, chamouselle Rosa pola súa beleza. Como foi a primeira santa americana, consideouse a protectora de toda América do Sur, especialmente de Perú e da cidade de Lima. É a patroa dos dominicanos e, polo seu nome, tamén dos xardineiros e floristas. Iconograficamente representouse vestida con hábito branco e capa negra (dominicana), cunha coroa de espiñas ou rosas na testa e cunha rosa na man (atributo persoal). A súa festividade celébrase o 23 de agosto.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e ensaísta portugués. Aínda que destacou como ensaísta, as súas principais obras son O grito claro (1958), Sobre o rosto da terra (1961), As marcas no deserto (1978) e O incêndio dos aspectos (1980). Director das revistas Árvore, Cassiopeia e Cadernos do Meio-Dia, entre 1974 e 1975 publicou gran parte da súa obra poética completa.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada no Rosal. Orixinalmente de estilo románico, foi reformada en 1847 e déuselle a forma definitiva en estilo neoclásico. No interior, presenta tres naves, onde o máis destacado é o altar maior, de estilo plateresco (s XVI). O edificio complétase cunha bóveda de cruzaría de estilo neogótico. Destaca a fachada, cunha torre cuadrangular de estilo manuelino con reloxo e remate en cúpula piramidal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a Rosalía de Castro ou á súa obra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fucsina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
A orixe desta devoción xurdiu da suposta aparición da Virxe a san Domingos de Guzmán (1213), na cidade occitana de Albi. Parece ser que esta lle entregou ao santo unha sarta de doas e convidouno a recitar o rosario para honrar os misterios (de gozo, dor e gloria) da súa vida. Ata finais do s XVI, o culto e devoción ao Rosario limitouse aos conventos dominicanos e ao seu ámbito de acción. A súa festividade celébrase o 7 de outubro, e naceu dunha anterior na honra a Santa María das Vitorias, para conmemorar a Batalla de Lepanto (7 de outubro de 1571).
-
PERSOEIRO
Ditador. Rico facendeiro, militou entre os federais, foi comandante xeneral (1828) e combateu a revolución do xeneral Juan Lavalle, ao que venceu (1829). Foi gobernador de Bos Aires (1829-1832 e 1835) e instaurou un réxime despótico co fin de gañar o apoio popular e burgués. Tivo que enfrontarse a Brasil e Francia cando impuxo o monopolio comercial para o porto de Bos Aires e o río Paraná. Grazas a unha revolta federal, dirixida por Justo José de Urquiza, e unha nova intervención anglo-francesa e brasileira foi derrotado en Monte Caseros (1852) e fuxiu a Reino Unido.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina e coreógrafa. Formouse en Dinamarca e debutou con 18 anos. Creou o Scandinavian Ballet, co que actuou por diversos países de Europa. Posteriormente, abriu unha escola en Copenhaguen e dirixiu o Ballet de Göteborg (1970-1976) e o Ballet de Malmö (1980-1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo estadounidense. A súa tarefa centrouse en repensar a relación entre o pensamento antigo e o moderno, co fin de fundamentar a súa crítica nas propostas baseadas na noción de hermenéutica, especialmente da teoría filosófica da deconstrución. Escribiu Hermeneutics as Politics (1987) e The Ancients and the Moderns. Rethinking Modernity (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra sueco. Influído por Nielsen, Sibelius, Schönberg e Stravinskij, foi autor, entre outras obras, de sete sinfonías, diversos concertos para violín, doce cuartetos de corda e nove óperas, das que destaca Marinetter (1938).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mineraloxista alemán. Coñecido como Harry Rosenbusch, estudou e clasificou as rochas. Realizou importantes estudos micrográficos, que expuxo na obra Mikroskopische Physiographie (1873-1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Relixioso franciscano. Arabista e misioneiro, exerceu de interpréte nas embaixadas en Marrocos. Durante as misións en Palestina, realizou diversos achados arqueolóxicos. Publicou Las escuelas hispano-franciscanas de Marruecos (1912).
VER O DETALLE DO TERMO