Rosas, Juan Manuel de
Rosas, Juan Manuel de
Ditador. Rico facendeiro, militou entre os federais, foi comandante xeneral (1828) e combateu a revolución do xeneral Juan Lavalle, ao que venceu (1829). Foi gobernador de Bos Aires (1829-1832 e 1835) e instaurou un réxime despótico co fin de gañar o apoio popular e burgués. Tivo que enfrontarse a Brasil e Francia cando impuxo o monopolio comercial para o porto de Bos Aires e o río Paraná. Grazas a unha revolta federal, dirixida por Justo José de Urquiza, e unha nova intervención anglo-francesa e brasileira foi derrotado en Monte Caseros (1852) e fuxiu a Reino Unido.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Bos Aires -
Deceso
Lugar : Southampton, Hampshire