"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sal ou éster do ácido valeriánico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas anuais, da familia das valerianáceas, con follas en roseta, flores hermafroditas, pequenas de cor branca ou azulada e dispostas en inflorescencias terminais e froito sen vilano. En Galicia está presente a especie V. locusta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido monocarboxílico alifático presente no aceite de valeriana, que se emprega na preparación dos seus derivados, de aromas e perfumes.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (253-260). Cónsul antes de 223, á morte de Treboniano Galo foi proclamado emperador polo exército e, a seguir, recoñecido polo senado. Continuador da política relixiosa de Decio, promulgou dous editos (257 e 258) contra os cristiáns. Asociou ao trono o seu fillo Galieno e derrotou os persas, que invadiran Siria, pero tivo que enfrontarse novamente aos ataques persas e en Edesa sucumbiu e foi feito prisioneiro. Morreu en catividade.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mártir. Esposo de santa Icía, morreu xunto co seu irmán san Tiburcio. A súa festividade celébrase o 14 de abril.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín Valerianus, derivado de valere ‘estar ben de saúde, estar san’.
-
PERSOEIRO
Poeta, filólogo e gramático latino. Coñecido como a Serea Latina, editou as obras de Lucilo e foi considerado como xefe da escola dos neóteroi. Coñécese o título de varias obras del (Lidia e Diana), todas perdidas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cónsul e ditador romano. Venceu os volscos (346), os samnitas (343), os marsos e os etruscos (301) e promulgou a Lex Valeria de Provocatione (300), que prohibía torturar un cidadán romano e condenalo a morte sen xuízo da asemblea popular.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Anacoreta e escritor. Escribiu El Epitameron, De monachorum poenitentia, Vida de San Frutuoso e Epístola sobre Exeria. A súa festividade celébrase o 25 de febreiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Autor de As Argonáuticas, refundición da obra de Apolonio de Rodas, aínda que baixo un modelo virxiliano e con versificación ovidiana. Está considerado o maior epígono do Virxilio épico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Escribiu os nove libros dos Factorum ac ditorum memorabilium, obra que constitúe un manual onde retóricos e filósofos atopaban unha multitude de anécdotas perfectamente ordenadas (culto, cerimonias, etc), e que se converteu tamén nun modelo para os escritores medievais e renacentistas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cónsul romano, sobriño de Publio Valerio Publícola. Participou no derrocamento dos decénviros. Nomeado cónsul (449), debeu ditar leis (Valeriae Horatiae) contra o poder dos nobres e que obrigaban a facer o plebiscito.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cónsul romano. Confundido por Valerio de Anzio co seu sobriño L. Valerio Potitus, semella que foi cónsul (509-504), cun papel importante na formación do novo estado grazas ás Leges Valeriae e a Provocatio ad populum.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bispo de Zaragoza. Foi desterrado por Daciano e morreu no exilio. As súas reliquias foron trasladadas a Zaragoza en 1170. Represéntase con vestiduras episcopais. A súa festividade celébrase o 29 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín Valerius, nome dunha antiga gens romana de orixe etrusca, forma probablemente emparentada co verbo valeo, valere ‘ter forza, estar san’, e de aquí ‘que ten forza, san’.
-
PERSOEIRO
Escritor. Publicou os seus primeiros poemas na revista La Conque, baixo a influencia de S. Mallarmé. Abandonou a poesía (1892) e publicou Introdution à la méthode de Léonard de Vinci (1895) e Une soirée avec Monsieur Teste (1896), en que analiza o poder da intelixencia. Continuou conciliando a súa vida como funcionario coa investigación e a reflexión persoal para, co tempo, volver ao cultivo da poesía con La jeune parque (1917) e Cimetière marin (1920). Grazas a L’album de vers anciens (1920) e Charmes (1922) conseguiu certo renome e ingresou na Académie Française. Autor de Variété (1924-1944), en 1937 foi nomeado titular da cátedra de Poética no Collège de France.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de San Cristovo de Cea baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Relixioso. Foi vigairo xeral de Madrid (1899) e xuíz auditor do Tribunal da Rota. Escribiu Emigración. Sus causas, efectos y remedios (1901), El autor de la Salve San Pedro de Mezonzo (1907) e Disolución del matrimonio rato (1921). Foi correspondente da Real Academia de la Historia e vicepresidente da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Biólogo. Foi director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia e asesor técnico en incendios e conservación da natureza da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes. Escribiu Forgoselo: espazo natural (1992), As Fragas do Eume (1993) e O Lobo, a extinción de especies e outros ensaios sobre conservación (1993).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre e historiador. Fundou a Irmandade da Fala de Betanzos (1917), o Museo Pedagóxico Rexional na Coruña (1926) e dirixiu as Colonias Escolares Coruñesas e o Anuario Brigantino. Fundou a revista pedagóxica El Normalista (1913). Cronista de Betanzos desde 1940, das suas obras destacan El blasón de Betanzos de los Caballeros (1968), Los enterramientos de la iglesia de San Francisco (1931) e Las antiguas rutas jacobeas del territorio brigantino: 4º itinerario (1975). As súas poesías recompiláronse en Obra poética de Francisco Vales Villamarín (2000). Secretario perpetuo da Real Academia Galega, foi membro da Real Academia de Bellas Artes de Nuestra Señora del Rosario e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Recibiu, entre outros galardóns, o premio vitalicio da Fundación Pedro Barrié de la Maza e a encomenda da orde de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO