Valeriano, Publio Licino

Valeriano, Publio Licino

Emperador romano (253-260). Cónsul antes de 223, á morte de Treboniano Galo foi proclamado emperador polo exército e, a seguir, recoñecido polo senado. Continuador da política relixiosa de Decio, promulgou dous editos (257 e 258) contra os cristiáns. Asociou ao trono o seu fillo Galieno e derrotou os persas, que invadiran Siria, pero tivo que enfrontarse novamente aos ataques persas e en Edesa sucumbiu e foi feito prisioneiro. Morreu en catividade.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Roma