"AND" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3994.
-
PERSOEIRO
Compositor. En 1812 obtivo o Premio de Roma. Dedicouse principalmente á opera cómica. Tamén escribiu ballets, música sinfónica e de cámara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático e inventor grego. Foi o inventor de máquinas como a dioptra, o odómetro (sistema de engrenaxes combinadas para contar as voltas dunha roda) e a eolipila, quizais o máis importante, precursora da turbina de vapor. Estableceu unha fórmula para obter a área dun triángulo (fórmula de Herón) e un método aproximativo para calcular as raíces cadradas e cúbicas. Encontrou solucións alxébricas das ecuacións de primeiro e segundo grao. Entre as obras de carácter científico que se lle atribúen destacan Métrica, manuscritos con finalidade práctica onde se estudian áreas, volumes e división de figuras en partes proporcionais; Mecánica, en que se estudian as proporcións das figuras, as maquinas simples e as aplicacións da mecánica; Pneumaticorum libri duo, libro técnico sobre pneumática que no prefacio trata o concepto de baleiro por primeira vez; Catóptrica, que trata os espellos planos, cóncavos e convexos; e Dioptra, sobre o uso deste aparello...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultora. Doutora en Belas Artes e catedrática de Escultura na Univesidade de Vigo desde 1998, fundou e dirixiu a revista Aira e foi membro da cátedra Caixanova de Estudios Feministas da Universidade de Vigo. Realizou diversas exposicións en Pontevedra, Madrid, Salamanca e outras cidades e participou noutras colectivas. Ten obra no CGAC de Santiago de Compostela e no Museo de Arte Moderno Salvador Allende de Managua.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filólogo. Ingresou na Compañía de Xesús e, coa expulsión dos xesuítas de España (1757), instalouse en Roma, onde Pío VII o nomeou bibliotecario do Quirinal. Destacan as súas obras Idea dell’Universo (1778-1787), obra enciclopédica da que derivan diferentes tratados, e Catálogo de las lenguas de las naciones conocidas (1800-1805).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pensador e publicista. Os seus ideais revolucionarios ocasionáronlle o desterro e desde 1847 residiu en París, Londres, Niza e Xenebra. Destacan as súas memorias Byloje i dumy (Pasado e pensamentos 1852-1868).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Silicato de aluminio e calcio, de fórmula CaAl2Si7O18·6H2O. Pertence ao grupo das ceolitas, cristaliza no sistema monoclínico. É de cor branca e brillo vítreo. Ten unha dureza de 3,5-4 e unha densidade de 2,2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que presenta seis estames. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
REXIÓNS
Rexión de Escocia e división administrativa do Reino Unido (25.783 km2; 208.600 h [estim 2000]). Comprende a zona de terras elevadas do N do país, en oposición ás áreas baixas ou Lowlands. A súa capital é Inverness. Constitúena un conxunto de macizos e altiplanos formados por materiais cristalinos e metamórficos. A depresión de Glen More divídea en dous grandes conxuntos: ao S os Montes Grampianos e ao N as Northern Highlands. Por mor da altitude o clima é rigoroso. A natureza do rochedo e as pendentes pronunciadas proporciónanlle solos pouco potentes, polo que o seu desenvolvemento agrario é pobre; estes mesmos factores topográficos inflúen negativamente no desenvolvemento das demais actividades económicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Cultivou a talla directa e o relevo. Das súas obras destacan Figura de home (1884), a fonte de Wittelsbach (Múnic, 1890-1895) e a estatua ecuestre de Bismarck en Bremen. Escribiu Das Problem der Form (O problema da forma, 1893).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto austríaco. Formouse en Roma con C. Fontana e no Piemonte cos seguidores de G. Guarini. En Viena obtivo o título de enxeñeiro e fixo a colexiata de Göltweig, o palacio Schwarzenberg (1697-1715) e o palacio Dau-Kinsky (1713-1716), obras influenciadas pola monumentalidade do clasicismo italiano e francés. En 1720, foi nomeado arquitecto da corte e iniciou a construción do palacio do Belvedere (1720-1745). En Salzburgo proxectou a residencia de Würzburg e a reconstrución do castelo de Mirabell.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Área de influencia dunha cidade, para a que esta exerce funcións comerciais e administrativas de xeito inmediato.
-
Territorio, segundo o dereito internacional na época de expansión colonial, que se estendía tras dun sector costeiro colonizado que se consideraba baixo a influencia do estado colonizador aínda que non o tivese ocupado efectivamente.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Cangas. Construída en estilo románico a finais do s XII, ten unha soa nave. Cóbrese con bóveda de canón. No interior destaca o retablo cunha representación do inferno. A portada é románica, ten dúas arquivoltas apoiadas en dous pares de columnas, e o tímpano presenta decoración escultórica rudamente tallada. A espadana é de dous vans semicirculares e está coroada por un frontón triangular en que se abre outro pequeno van. No adro atópase o cruceiro, obra de Xosé Cerviño García.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor suízo. Cultivou o simbolismo, ata que asumiu un estilo monumental con figuras humanas arquitectónicas que se relacionan entre si polo movemento e simbolizan a humanidade. Destacan as súas obras O sono, A primavera, A noite, O día e os frescos de Marignano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Tecido fino de liño que se emprega especialmente para facer sabas ou roupa interior.
-
Augardente obtida por destilación directa de viños puros e sans cunha graduación de 65°.
-
-
REXIÓNS
Rexión occidental dos Países Baixos, dividida en dúas provincias: Holanda Meridional e Holanda Setentrional. Situada á beira do mar do Norte, e cun territorio maioritariamente baixo o nivel do mar, está resgardada por sistemas de cordóns dunares litorais reforzados por diques (polders). É unha das rexións máis intensamente industrializadas e máis densamente poboadas de Europa, con case que 800 h/km2. Antigo territorio dos batavos, que habitaron no territorio comprendido entre o Rin, o Wahal e o Mosa. Incorporouse aos dominios de Carlomagno e durante a Alta Idade Media estaba formado por un conxunto de condados, ducados e dioceses do Sacro Imperio. Considérase que o fundador da dinastía holandesa foi o conde frisio Dirk I, que recibiu os bens da abadía de Egmont en 922. Posteriormente Dirk III, conde de Holanda, fundou a cidade de Dordrecht cara a 1015 e, despois de derrotar ao duque de Lorena, impuxo a recadación de impostos en Mosa e en Waal (1018). Os condes de Holanda...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación inexacta que recibe nalgunhas ocasións o conxunto dos Países Baixos cando se fai referencia ao seu estado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Países Baixos (3.446 km2; 3.397.744 h [2000]). A súa capital é A Haia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Países Baixos (4.059 km2; 2.518.354 h [2000]). A súa capital é Haarlem.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cornielles de Holanda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito suscitado por Francia contra as Provincias Unidas (1672-1678) por causa do seu crecente pulo económico e das consecuencias da Guerra de Devolución. Luís XIV tras aumentar as súas taxas aduaneiras (1667), buscou a alianza con Inglaterra, Portugal, Savoia, Baviera e Suecia para ocupar Lorena (1670) e atacar as Provincias Unidas (1672). Os holandeses, ante os ataques dos exércitos franceses, buscaron o apoio da coroa hispánica, do Sacro Imperio e de Dinamarca e nomearon a Guillerme III de Inglaterra stadhouder de Holanda. Non obstante , a retirada do conflito de Inglaterra (1674) e a derrota dos exércitos suecos (1675) obrigaron a Luís XIV a iniciar as conversacións que culminaron coa Paz de Nimega (1678).