"Az" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2426.
-
GALICIA
Pintor e ilustrador. Cultivou principalmente a paisaxe, sobre todo a urbana, de carácter realista. Como ilustrador, destaca o seu traballo no libro Vigo sentimental, de F. Fernández del Riego, onde reflectiu recunchos e edificios da cidade e retratos de persoeiros de todos os tempos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma castelá que se corresponde co apelido galego Vázquez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diego Rodríguez de Silva y Velázquez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio convocado polo ministerio de Cultura desde 2002 para recoñecer unha traxectoria creativa. Ademais do premio monetario, conleva a celebración dunha exposición antolóxica no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía e a potestade de elixir a un artista de menos de 35 anos para que lle sexa outorgada a bolsa Velázquez. Recibírono Ramón Gaya (2002), Antoni Tápies (2003), Pablo Palazuelo (2004) e Juan Soriano (2005).
-
PERSOEIRO
Industrial. Instalado en Vigo, destacou como empresario do sector conserveiro e como armador de buques. Benfeitor da cidade, foi o artífice con N. Taboada Leal do lazareto de San Simón, creou as primeiras escolas modernas, a primeira casa de baños e o primeiro teatro da cidade, inaugurado en 1832 na praza da Princesa e que funcionou ata 1880.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Conquistador. Despois de loitar en Italia marchou para América na segunda viaxe de Cristovo Colón (1493). En 1509 foille encomendada a conquista de Cuba, empresa que iniciou en 1511 desde Maisí. Fundou, entre outras, as cidades de Baracoa, Santiago e La Habana.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Velle (Ourense). Ten planta irregular. A parte máis antiga correspóndese coa zona onde se atopa a torre cadrada cun formato en forma de L. Á súa beira atópase un corpo rectangular que enlaza nun lado con outro corpo en forma de L, onde se atopan dependencias adxectivas.
-
-
Que di ou adoita dicir a verdade.
-
Que se axusta á realidade con exactitude.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Sistallo (Cospeito). Ten dúas alturas e planta en forma de U. A fábrica é de cachotaría con partes revocadas e con cantaría nos ocos; o tellado é de lousa. Destaca a escaleira exterior que dá a un balcón corrido e a capela, situada nunha das ás do edificio.
-
PERSOEIRO
Navegante italiano. Ao servizo da coroa francesa, despois do regreso de S. Caboto de América setentrional, comandou unha expedición na busca dun paso ao NO cara ás Indias. Zarpou en 1523, e arribou á costa setentrional americana (1524), que explorou desde o cabo Fear a Nova Escocia. Dirixiu outra expedición en 1528 cara a América Central, de onde non regresou.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado en Vervins (Picardie) o 2 de maio de 1589, entre Enrique IV de Francia e Filipe II, que puxo fin aos enfrontamentos entre ambas dúas monarquías. Filipe II recoñeceu a Enrique IV e cedeu a Francia Vermandois, Calais e unha parte de Picardie e Bretaña. Francia cedeu Cambrai e Charolais a España. Ambas partes ratificaron os acordos do Tratado de Cateau-Cambrésis (1559).
-
GALICIA
Enxeñeiro naval e político. Catedrático de Construción Naval na Escola Politécnica Superior de Ferrol, especializouse en propulsión naval nuclear. Foi conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio (1982-1984) e deputado no Parlamento galego por AP (1981-1985; 1985-1989) e por Coalición Popular (1985-1989). Membro da Real Academia Galega de Ciencias, recibiu a Cruz do Mérito Naval e a Medalla de Bronce de Galicia (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico francés. Foi clínico e anatomista, e considérase un dos fundadores da anatomía comparada, particularmente polo seu libro Systeme anatomique des quadrupèdes (1792).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor teatral. Despois de actuar en diversas compañías de Andalucía e Madrid, recibiu unha bolsa do goberno alemán para formarse na RFA. En Ourense colaborou co grupo teatral Valle Inclán. Cofundador do grupo teatral Rúa Viva, participou nos espectáculos Os baralláns (1980), O cantar dos cantares (1983) e O saco das noces (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz firmado o 30 de abril de 1725 entre Filipe V de España e o Emperador Carlos VI. Supuxo a fin da inimizade entre os dous reis e dos problemas que derivaran da Guerra de Sucesión (1700-1715), como a renuncia definitiva de Filipe V a Flandres e ás illas de Sardeña e Sicilia, e a de Carlos VI a adquirir calquera reino hispánico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz asinado en Viena o 14 de outubro de 1809. Supuxo a fin da campaña de Napoleón daquel ano. Francia obtivo de Austria as Provincias Ilirias, que perderon a saída ao mar, e aceptou o bloqueo continental e a limitación do exército. O gran ducado de Varsovia recibiu Varsovia e Lublin; Rusia obtivo Tarnopol, e Baviera adquiriu Salzburgo.
-
GALICIA
Compositor. Formouse con J. Laguarta e nos Conservatorios Profesional de Pontevedra e Superiores de Vigo, A Coruña e Madrid, ata acadar o título de profesor superior de harmonía, contrapunto, composición e instrumentación. Director da Academia Municipal de música de Vilagarcía de Arousa, da súa produción destaca Variaciones para Orquesta, Op 1 (1993), Secuencias “Nocturno” (1995), Cantos y ritmos salvajes (1998), a orquestración da Sinfonía Africana Pangeia (1998), coa que se conmemorou en Portugal os 25 anos da independencia de Angola, Preludio y fuga (2001), Rondó Brillante (2003), Sinfonietta (2004) e Danza nº1 (2005).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Trazo no lugar onde antes houbo unha torre do s XVI. Construído no s XVII, na fachada destacan cinco arcos na parte baixa e un balcón na planta nobre. Conserva brasóns na fachada e un patín cuberto no interior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Vilamarín. No s XV foi fortaleza do conde de Ribadavia e no s XVII pertenceu aos condes de Maceda. No s XIX e comezos do s XX pertenceu á familia da Maza e tivo varios propietarios ata que o mercou a Deputación Provincial de Ourense. Ten dúas plantas poligonais irregulares cun patio central, desde onde se accedía á planta superior. A entrada está flanqueada por dúas torres semicirculares e, na parte oeste, ten unha muralla co seu paseo de rolda.