"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • GALICIA

    Artista. Vinculado ao grupo Atlántica de forma esporádica, participou con el en exposicións como O Feito Plástico (1981). O seu debuxo caracterízase polo clasicismo e a inspiración francesa. Da súa produción destaca a serie Mulleres sentadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Allariz, Amoeiro, Baños de Molgas, Barbadás, Coles, Esgos, Maceda, Nogueira de Ramuín, Ourense, Paderne de Allariz, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, A Peroxa, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín, Xunqueira de Ambía e Xunqueira de Espadanedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Circunscrición administrativa de España, unha das catro en que se divide a Comunidade Autónoma de Galicia, situada no seu cuadrante SL. Integrada por 92 concellos (2001), están agrupados en 12 comarcas (O Carballiño, Ourense, Terra de Caldelas, Terra de Trives, Valdeorras, O Ribeiro, Terra de Celanova, Allariz-Maceda, Baixa Limia, A Limia, Verín e Viana), e abrangue unha superficie de 7.172,5 km2, en que acolle unha poboación de 338.446 h (2001). A súa capital é Ourense. Eclesiasticamente, o seu territorio repártese entre as dioceses de Astorga e Ourense.
    Orixe e delimitación da demarcación
    A cidade de Ourense foi unha das tradicionais capitais de provincia do Reino de Galicia durante o Antigo Réxime. O primeiro precedente que se pode considerar é a prefectura que proxecta o goberno de Xosé I Bonaparte, que coincidía en gran medida coa actual demarcación. Pero non foi ata o 27 de xaneiro de 1822, coa promulgación dun Real Decreto, cando se constituíu a...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. irtude ou calidade de quen sabe soportar sen perturbación do ánimo os infortunios, as ofensas e os traballos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Á sorte mala, paciencia e boa cara. Con paciencia e saliva non hai cousa que non se consiga. Con paciencia gáñase o ceo. A mal dar, paciencia e barallar”.

    2. Capacidade para realizar unha actividade pesada ou molesta.

    3. Calidade de quen espera calmadamente por unha cousa que tarda ou se desexa moito.

    4. irtude teologal cristiá que vence ao pecado capital da ira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Francisco Sánchez Gómez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora e ilustradora. Pintou Carta de amor (2001) e ilustrou libros como A vendedora de mistos de Mª Dolores Hermida. Participou en numerosas exposicións tanto individuais como colectivas e gañou o Premio Eixo Atlántico 2001 por Fragmento: cinco segundos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos de Dodro, Padrón, Rianxo e Rois.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a palacio.

    2. Que é propio de quen vive na corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia homónima, Castela e León, situada entre os ríos Pisuerga e Carrión (79.797 h [2001]). Antigo mercado agrícola e con fábricas de pano, ten industria de metalurxia, armas, campás e construcións mecánicas. É un termo administrativo e comercial, capital dunha comarca agrícola. Sancho III de Navarra restaurou a Palantia romana entre 1000 e 1035, outorgoulle privilexios e restaurou o bispado fundado no s IV. Foi sé de concilios (1113-1129), e Afonso VIII creou nela a primeira universidade da Península Ibérica en 1208, aínda que se trasladou a Salamanca en 1239. Participou nas loitas dos comuneiros (1521). Centro gandeiro vinculado á Mesta, a causa da crise da la no s XVI experimentou unha gran recesión, aínda que se revitalizou co establecemento de industrias fariñeiras no s XVIII. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral (1321-1516), de estilo gótico, cun calvario de J. de Valmaseda no retablo do altar maior e un díptico de P. Berruguete na sancristía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Castela e León, formada por 191 municipios (8.029 km2; 174.143 h [2001]). A súa capital é Palencia. Posúe un hábitat rural, agrupado en pequenas poboacións próximas unhas a outras onde só destacan, ademais da capital provincial, os núcleos de Aguilar de Campoo (7.435 h [2001]) e Guardo (8.200) h [2001]). O sector agropecuario e a minaría teñen un peso importante na economía, mentres que a industria quedou relegada a determinadas poboacións. O Camiño Francés de Peregrinación a Santiago atravesa este territorio de L a O, pasando por puntos de gran relevancia na ruta xacobea como Frómista, Villalcázar de Sirga e Carrión de los Condes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e cronista. Despois da súa formación en Italia, sucedeu a Juan de Mena como cronista de Enrique IV. Participou activamente nas negociacións do matrimonio de Isabel a Católica con Fernando de Aragón. É autor de Batalla campal de los perros y los lobos (1456), obra satírica; Tratado de la perfección militar (1460) e Alphonsi Palentini Hispaniensia ex annalibus suorum diebus colligentis, traducida e editada en castelán como Crónica de Enrique IV (1904-1908). Escribiu tamén o Universal vocabulario en latín y en romance (1490), anterior ao de Nebrija.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Autodidacta, pintou rúas de Madrid (1909) e especializouse na paisaxe. Creou con Alberto Sánchez a escola de pintura de paisaxe en Vallecas. A súa obra, de cores acesas, participou dun certo naturalismo fauve. Destaca Paisaje de Henares. Foi membro da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, situado ao S do pantano de Malpasillo, no río Genil, que delimita o termo polo N (1.562 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora e profesora. Formada na Universidade de Santiago de Compostela, completou os seus estudos en Lisboa. Colaborou nas publicacións Grial, Dorna, Nordés, Festa da palabra silenciada e A Nosa Terra, onde estudou a obra de R. Carballo Calero, Álvaro Cunqueiro, Rafael Dieste e Luís Seoane, entre outros, e participou das características propias da poesía galega da década de 1980, que se concreta nunha obra profunda e intimista. Publicou os libros de poesía Entre lusco e fusco (1980), con composicións de tipo social en que canta o amor ausente; Sétima soidade (1984, Premio de Poesía Esquío), en que analiza a comunicación, os aconteceres da vida cotiá e novamente a soidade; Livro das devoracións (1996) e Poemas (2000). Tamén publicou o libro de ensaio Rosas na sombra. A poesía de Luís Pimentel (1991) e participou nos volumes colectivos Palabra de muller (1992), Daquelas que cantan...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade ideal en que todos os membros son iguais en categoría e posición social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Polímero do cianóxeno, de composición (CN)n, que se obtén por calefacción do cianóxeno a 500°C.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que só ten lugar en parte ou que non é completo.

      2. Aplícase ao exame que se fai só dunha parte da materia.

    1. Que favorece a unha das partes en cuestión.

    2. Que ou quen é partidario dunha persoa, sistema ou partido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de parcial.

    2. Conxunto de persoas que se segregan dun grupo e que teñen un fin determinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Tarazona (1720-1741). Relixioso mercedario, foi provincial da súa orde en Castela e catedrático na Universidad de Salamanca. Das súas obras destacan Panegyrico Funeral en las Reales Exequias que hizo la Universidad de Salamanca en su Real Capilla el día 23 de Diziembre de 1715. Al Sr. Rey Christianíssimo de Francia Luis XIV. El Grande (Salamanca, 1715) e Demostración de la verdad, y de la justicia, que asiste al Ilustmo. y Revermo. Sr. D. Fr. García de Pardiñas y Villar de Francos... (Pamplona, 1729). Unha das súas composicións poéticas foi premiada nas Festas Minervais de Santiago de Compostela (1697).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Coñecida como Graziella Pareto, debutou en Barcelona en 1906 no papel de Micaela de Carmen de Bizet, e como profesional no Teatro Real de Madrid (1908) con La sonnambula de Bellini. Retirouse en 1931, despois de actuar en Madrid, Bos Aires, San Petersburgo, Kiev, Estocolmo, Roma e Milán.

    VER O DETALLE DO TERMO