paciencia

paciencia

(< lat patientĭa)

  1. s f

    irtude ou calidade de quen sabe soportar sen perturbación do ánimo os infortunios, as ofensas e os traballos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Á sorte mala, paciencia e boa cara. Con paciencia e saliva non hai cousa que non se consiga. Con paciencia gáñase o ceo. A mal dar, paciencia e barallar”.

    Ex: Aquela profesora ten moita paciencia cos nenos.

  2. s f

    Capacidade para realizar unha actividade pesada ou molesta.

    Ex: Sempre tivo moita paciencia para facer enormes crebacabezas.

  3. s f

    Calidade de quen espera calmadamente por unha cousa que tarda ou se desexa moito.

    Ex: Esperou con paciencia que fose a súa quenda.

  4. s f [RELIX]

    irtude teologal cristiá que vence ao pecado capital da ira.

Frases feitas

  • Armarse de paciencia. Prepararse para soportar algo molesto ou pesado.

  • Tentar a paciencia a/de alguén. Pór a proba a paciencia de alguén.

Refráns

  • A paciencia tráenos todo.
  • Con paciencia e con calar, ben te podes gobernar.
  • Con paciencia e saliva non hai cousa que non se consiga.
  • Con paciencia gáñase o ceo.
  • Despois da tempestade vén a calma.
  • Non se gañou Zamora nunha hora.
  • Ó que non pode ser, paciencia.
  • O que pon a nogueira non espere comer dela.
  • Ó seu tempo maduran as uvas.
  • Ó seu tempo veñen as uvas e as mazás maduras.
  • Quen pranta a nogueira non pense coller froito dela.
  • Sufre con paciencia e vivirás en paz.
  • Ten na espera vagar, se non te queres enfadar.
  • Tras da néboa vén o sol e tras do mal tempo vén outro mellor.
  • ¡Déanos Deus paciencia e morte sen penitencia!
  • ¡Deus dea paciencia e morte con penitencia!

Palabras veciñas

Pachuca | pachulí | pachulol | paciencia | paciente | pacificábel | pacificable