paciencia
(< lat patientĭa)
-
s
f
irtude ou calidade de quen sabe soportar sen perturbación do ánimo os infortunios, as ofensas e os traballos. Na tradición oral recóllense ditos como: “Á sorte mala, paciencia e boa cara. Con paciencia e saliva non hai cousa que non se consiga. Con paciencia gáñase o ceo. A mal dar, paciencia e barallar”.
Ex: Aquela profesora ten moita paciencia cos nenos.
-
s
f
Capacidade para realizar unha actividade pesada ou molesta.
Ex: Sempre tivo moita paciencia para facer enormes crebacabezas.
-
s
f
Calidade de quen espera calmadamente por unha cousa que tarda ou se desexa moito.
Ex: Esperou con paciencia que fose a súa quenda.
-
s
f
[RELIX]
irtude teologal cristiá que vence ao pecado capital da ira.
Frases feitas
-
Armarse de paciencia. Prepararse para soportar algo molesto ou pesado.
-
Tentar a paciencia a/de alguén. Pór a proba a paciencia de alguén.
Refráns
- A paciencia tráenos todo.
- Con paciencia e con calar, ben te podes gobernar.
- Con paciencia e saliva non hai cousa que non se consiga.
- Con paciencia gáñase o ceo.
- Despois da tempestade vén a calma.
- Non se gañou Zamora nunha hora.
- Ó que non pode ser, paciencia.
- O que pon a nogueira non espere comer dela.
- Ó seu tempo maduran as uvas.
- Ó seu tempo veñen as uvas e as mazás maduras.
- Quen pranta a nogueira non pense coller froito dela.
- Sufre con paciencia e vivirás en paz.
- Ten na espera vagar, se non te queres enfadar.
- Tras da néboa vén o sol e tras do mal tempo vén outro mellor.
- ¡Déanos Deus paciencia e morte sen penitencia!
- ¡Deus dea paciencia e morte con penitencia!