"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Crítico e historiador de arte italiano. Licenciado en Dereito e Filosofía. Formou parte do Grupo 63, coñecido como teórico da chamada transvangarda italiana. Publicou numerosas obras, entre as que destacan O territorio máxico (1971), Superarte (1982), The international trans-avantgarde (A transvangarda internacional, 1982), A arte contra o 2000 (1992) e Ben Jakober-Yannink Un (1996). Foi comisario da Bienal de Venecia de 1993.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Botánico. Profesor de Botánica da Sorbonne (1887). Fundou a Revue générale de Botanique (1889) e o laboratorio de Bioloxía Vexetal do bosque de Fontainebleau. É autor de traballos sobre a adaptación das plantas á vida en diferentes altitudes e sobre liques, como Élements de botanique (Elementos de Botánica, 1889), Nouvelle Flore de la France pour la détermination facile des plantes (Nova flora de Francia para a determinación doada das plantas, 1887), en colaboración con Georges de Layen, e dunha extensa Flore complète illustrée en couleurs de France, Suisse et Belgique (Flora completa e ilustrada a cor de Francia, Suíza e Bélxica, 1911-1934).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Foi sacerdote na catedral de Trento dende 1697 e posteriormente se trasladou a Padua (1740). Escribiu 12 coleccións de pezas, sobre todo música de cámara para un só instrumento e sonatas trío.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Baixo a influencia de Madame de Staël publicou Voyage sur la scène des six derniers livres de l’Enéide (Viaxe sobre a escena dos seis últimos libros da Eneida, 1804).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua de Oceanía inserida na familia das linguas austronésicas, e dentro desta, adscrita ás malatyo-polinesias occidentais, no subgrupo filipino setentrional. Fálase en Luzón por unhas 32.000 persoas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido bórico, especialmente dos ácidos metabóricos e tetrabóricos. Están constituídos por unidades estruturais de BO3. Os boratos dos metais non alcalinos son insolubles, propiedade responsable da acción abrandadora que exercen sobre a auga dura. A industria dos esmaltes cerámicos é o principal consumidor de boratos, seguida da do vidro.
-
PERSOEIRO
Infante de España, fillo de Carlos III. Foi presidente da Xunta Suprema establecida en 1808 durante a viaxe de Fernando VII a Baiona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Duque de Angulema. Fillo de Carlos X de Francia, casou con María Teresa Carlota, filla de Luís XVI. Foi tenente xeneral do Reino, pero non puido vencer a Napoleón en 1815. Encabezou os Cen Mil Fillos de San Luís que invadiron España en 1823. Trala Revolución de 1830 exiliouse a Austria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre francés, duque de Enghien. Fillo único do príncipe de Condé, Luís Enrique Xosé de Borbón-Condé. Partiu ao exilio por mor da Revolución Francesa e combateu no exército dos emigrados. Despois da disolución deste exército (1801) retirouse a Ettenheim, gran ducado de Baden, país neutral. Napoleón Bonaparte, sospeitando que conspiraba contra el, fíxoo raptar (violando o dereito internacional), xulgar por un consello de guerra e executar o mesmo día da súa chegada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
bolboroto.
-
PERSOEIRO
Cantautor portugués. Naceu a bordo do navío Patria, en travesía de Portugal a Angola, onde viviu durante a súa infancia, establecéndose en territorio portugués en 1968. Licenciou en Ciencias Sociopolíticas, e a partir de 1970 adicouse á canción, compartindo vivencias artísticas con outros cantores, paisanos seus, como Jose Afonso. O devir dos acontecementos políticos, convertérono nun intérprete contestatario co réxime fascista que imperou en Portugal ata a Revolução dos Cravos (abril de 1974). As súas composicións, con raíces na música popular portuguesa, reflicten os seus degoiros íntimos, así como a situación do pobo portugués na diáspora. Entre a súa discografía destacan: Madrugada dos trapeiros (1977), Histórias de viageiros (1979), Por este rio acima (1982), Crónicas da terra ardente (1994), e a escolma Atrás dos tempos vêm tempos (1996). Varias das súas gravacións foron premiadas con Discos de Ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Produción norteamericana realizada en 1935 e dirixida por Archie Mayo. Foi interpretada por Paul Muni, Bette Davis, Eugene Pallette e Margaret Lindsay. Unha muller namorada dun empregado do seu marido, asasina a este. Xulgada polo delito, a súa demencia queda reflectida perante o tribunal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera conxunto que poida ser obtido a partir dunha colección numerable de conxuntos abertos ou pechados na recta real mediante unha serie numerable de operacións de unión, de intersección ou de compleción.
-
PERSOEIRO
Escritor e crítico literario. É autor de poesías, dramas e novelas como Rube, sobre a crise intelectual da época.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos anións complexos formados por silicatos que conteñen unidades estruturais de óxido de boro. Son compoñentes esenciais dos vidros resistentes ao lume.
-
-
Que está cheo ou sucio de borralla.
-
Que é da cor da cinsa.
-
Aplícase ao tempo meteorolóxico cando hai moita néboa.
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Agolada. Do primitivo templo románico, construído a finais do s XII e reconstruído en 1705, só resta unha porta situada na fachada principal e parte dos muros da nave. No interior, a nave presenta dous pares de columnas entregas con capiteis de follas, unha das bases está decorada con arquiños de ferradura e de medio punto. A portada conta cunha dobre arquivolta, decorada con bólas, que se sostén sobre catro columnas con capiteis vexetais con mazás. O tímpano decórase co relevo dunha cruz grega rodeada por un semicírculo de arquiños de ferradura.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club Baloncesto Bosco.
-
PERSOEIRO
Anticuario. Publicou as súas investigacións no seu libro Roma sotterranea (Roma subterránea, 1622).
VER O DETALLE DO TERMO