Bordalo Dias, Fausto
Cantautor portugués. Naceu a bordo do navío Patria, en travesía de Portugal a Angola, onde viviu durante a súa infancia, establecéndose en territorio portugués en 1968. Licenciou en Ciencias Sociopolíticas, e a partir de 1970 adicouse á canción, compartindo vivencias artísticas con outros cantores, paisanos seus, como Jose Afonso. O devir dos acontecementos políticos, convertérono nun intérprete contestatario co réxime fascista que imperou en Portugal ata a Revolução dos Cravos (abril de 1974). As súas composicións, con raíces na música popular portuguesa, reflicten os seus degoiros íntimos, así como a situación do pobo portugués na diáspora. Entre a súa discografía destacan: Madrugada dos trapeiros (1977), Histórias de viageiros (1979), Por este rio acima (1982), Crónicas da terra ardente (1994), e a escolma Atrás dos tempos vêm tempos (1996). Varias das súas gravacións foron premiadas con Discos de Ouro.
Cronoloxía
-
Nacemento