borrallento -ta
borrallento -ta
(< borralla)
-
adx
Que está cheo ou sucio de borralla.
Ex: Andou a xogar coa cinsa e volveu con toda a roupa borrallenta.
-
adx
Que é da cor da cinsa.
Ex: O ceo estaba cheo de nubes borrallentas.
-
adx
Aplícase ao tempo meteorolóxico cando hai moita néboa.
Ex: O día era borrallento e non apetecía facer nada.