borrancho

borrancho

(< 1 borra)

  1. s m

    Trazo, deseño ou debuxo mal feito.

    Ex: Aínda non escribe ben e só fai borranchos.

    Sinónimos: garabato.
  2. s m

    Mancha producida por unha gota de tinta que cae sobre o papel no que se está a escribir ou risco que se fai sobre algo escrito.

    Ex: Cando intentei poñerlle unha nova carga á pluma fixen un borrancho na carta.

  3. s m

    Escrito cheo de riscos ou de letras que non se entenden, especialmente o que fan os nenos nos seus primeiros exercicios caligráficos.

    Ex: O seu caderno do colexio só ten borranchos.

Palabras veciñas

borrallento -ta | borrallo | Borrallo | borrancho | borrar | Borrás | Borràs i Oriol, Enric