borrancho
borrancho
(< 1 borra)
-
s
m
Trazo, deseño ou debuxo mal feito.
Ex: Aínda non escribe ben e só fai borranchos.
Sinónimos: garabato. -
s
m
Mancha producida por unha gota de tinta que cae sobre o papel no que se está a escribir ou risco que se fai sobre algo escrito.
Ex: Cando intentei poñerlle unha nova carga á pluma fixen un borrancho na carta.
-
s
m
Escrito cheo de riscos ou de letras que non se entenden, especialmente o que fan os nenos nos seus primeiros exercicios caligráficos.
Ex: O seu caderno do colexio só ten borranchos.