borrar

borrar

(< 1 borra)

  1. v t

    Facer desaparecer por calquera medio o que está escrito, debuxado, pintado ou gravado. OBS: O complemento directo pode ser o obxecto que contén o que se borra.

    Ex: Non lle gustaba a derradeira frase da redacción e borrouna coa goma. O alumno borrou o encerado para comezar a súa explicación (onde “o encerado” é o complemento directo do verbo).

  2. v t

    Facer raias sobre algo que está escrito para impedir que se poida ler ou para invalidalo.

    Ex: Borraba co lapis os números incorrectos.

    Sinónimos: riscar.
  3. v t

    Provocar que algunha cousa desapareza. OBS: O suxeito é sempre inanimado.

    Ex: O vento borrou o debuxo que fixeran con follas e flores.

  4. v t

    Facer desaparecer a imaxe, o recordo ou as pegadas de algo inmaterial da memoria individual ou colectiva.

    Ex: Aqueles acontecementos tan tráxicos aínda non se borraron da súa memoria.

  5. v t e pron

    Dar(se) de baixa nunha lista, asociación ou outro organismo.

    Ex: Acordaron borrar aquel punto da orde do día. Borrámonos da lista para ir á excursión.

  6. v pron

    Desaparecer algunha cousa que está escrita, pintada, impresa ou gravada.

    Ex: As cores da camiseta borráronse de tanto lavado.

  7. v pron

    Irse da memoria individual ou colectiva.

    Ex: Aquelas imaxes borráronse da mente de moitas persoas.

  8. v t [INFORM]
    1. Poñer a cero unha báscula flip-flop ou unha posición de memoria.

    2. Facer que unha pantalla quede en branco. En moitas versións de BASIC e outros contornos interactivos, o comando Clear ou ben asigna todas as variables como cero, ou libera a memoria que se lle asignara para fins específicos como, por exemplo, matrices.

Palabras veciñas

borrallo | Borrallo | borrancho | borrar | Borrás | Borràs i Oriol, Enric | borrasca
Conxugar
VERBO borrar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
borro
borras
borra
borramos
borrades
borran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
borraba
borrabas
borraba
borrabamos
borrabades
borraban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
borrei
borraches
borrou
borramos
borrastes
borraron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
borrara
borraras
borrara
borraramos
borrarades
borraran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
borrarei
borrarás
borrará
borraremos
borraredes
borrarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
borraría
borrarías
borraría
borrariamos
borrariades
borrarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
borre
borres
borre
borremos
borredes
borren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
borrase
borrases
borrase
borrasemos
borrasedes
borrasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
borrar
borrares
borrar
borrarmos
borrardes
borraren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
borra
-
-
borrade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
borrar
borrares
borrar
borrarmos
borrardes
borraren
Xerundio borrando
Participio borrado
borrada
borrados
borradas