borrasca

borrasca

(< lat borras por borĕas‘vento do norte’)

  1. s f [METEOR]

    Alteración atmosférica forte acompañada de vento, chuvia e, ás veces, raios, especialmente no mar.

    Sinónimos: tempestade.
  2. s f [METEOR]

    Centro de baixas presións (presións inferiores a 1.013 mb) da atmosfera. As borrascas que afectan a Galicia están asociadas á fronte polar e proceden do Océano Atlántico, polo que ao chegar ao país adoitan deixar precipitacións.

    Confrontacións: ciclón, depresión.