borrar
(< 1 borra)
-
v t
Facer desaparecer por calquera medio o que está escrito, debuxado, pintado ou gravado. OBS: O complemento directo pode ser o obxecto que contén o que se borra.
Ex: Non lle gustaba a derradeira frase da redacción e borrouna coa goma. O alumno borrou o encerado para comezar a súa explicación (onde “o encerado” é o complemento directo do verbo).
-
v t
Facer raias sobre algo que está escrito para impedir que se poida ler ou para invalidalo.
Ex: Borraba co lapis os números incorrectos.
Sinónimos: riscar. -
v t
Provocar que algunha cousa desapareza. OBS: O suxeito é sempre inanimado.
Ex: O vento borrou o debuxo que fixeran con follas e flores.
-
v t
Facer desaparecer a imaxe, o recordo ou as pegadas de algo inmaterial da memoria individual ou colectiva.
Ex: Aqueles acontecementos tan tráxicos aínda non se borraron da súa memoria.
-
v t e pron
Dar(se) de baixa nunha lista, asociación ou outro organismo.
Ex: Acordaron borrar aquel punto da orde do día. Borrámonos da lista para ir á excursión.
-
v pron
Desaparecer algunha cousa que está escrita, pintada, impresa ou gravada.
Ex: As cores da camiseta borráronse de tanto lavado.
-
v pron
Irse da memoria individual ou colectiva.
Ex: Aquelas imaxes borráronse da mente de moitas persoas.
-
v t
[INFORM]
-
Poñer a cero unha báscula flip-flop ou unha posición de memoria.
-
Facer que unha pantalla quede en branco. En moitas versións de BASIC e outros contornos interactivos, o comando Clear ou ben asigna todas as variables como cero, ou libera a memoria que se lle asignara para fins específicos como, por exemplo, matrices.
-
Palabras veciñas
borrallo | Borrallo | borrancho | borrar | Borrás | Borràs i Oriol, Enric | borrascaIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles borro
borras
borra
borramos
borrades
borran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles borraba
borrabas
borraba
borrabamos
borrabades
borraban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles borrei
borraches
borrou
borramos
borrastes
borraron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles borrara
borraras
borrara
borraramos
borrarades
borraran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles borrarei
borrarás
borrará
borraremos
borraredes
borrarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles borraría
borrarías
borraría
borrariamos
borrariades
borrarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles borre
borres
borre
borremos
borredes
borren
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles borrase
borrases
borrase
borrasemos
borrasedes
borrasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles borrar
borrares
borrar
borrarmos
borrardes
borraren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
borra
-
-
borrade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles borrar
borrares
borrar
borrarmos
borrardes
borraren
borrada
borrados
borradas