Borrallo

Borrallo
[ONOM]

Apelido que pode ter a súa orixe nun alcume ou ben nun topónimo. Tanto o alcume como o topónimo deben remitir ao substantivo común borrallo ‘brasa; montón de terróns queimados no monte’, termo procedente de borra composto coa base prelatina *borr- ‘montón’. Como alcume podería caracterizar a un individuo ao que lle gustaba estar a carón do lume, xunto á borralleira.

Palabras veciñas

borralleiro | borrallento -ta | borrallo | Borrallo | borrancho | borrar | Borrás