"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

    1. Relativo ou pertencente aos notostráceos.

    2. Crustáceo da orde dos notostráceos.

    3. Orde de crustáceos, da clase dos branquiópodos, que teñen a parte torácica oculta baixo un escudo dorsal inmóbil e a parte anterior do corpo cun número moi variable de apéndices, entre 35 e 70, e de 25 a 40 segmentos, o que indica que a segmentación aparente é secundaria e cada anel visible inclúe máis dun segmento. Habitan en augas doces e resisten ben a desecación temporal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Grupo de illas do Océano Pacífico, situadas no arquipélago das Salomón, no NO de Guadalcanal (5.200 km2; 12.000 h [estim 1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástico. Iniciou a súa andaina artística co ceramista conceptual Setsuko Nagasawa e axiña comezou a facer unha obra baseada en instalacións, happenings e estruturas, en que incorporou os materiais pobres e a fotografía. Foi pioneiro das instalacións e da arte máis experimental en Galicia, con achegas á pop art e á reinterpretación do ready made de Marcel Duchamp. Da súa obra destaca Fume (1991), Céspede artificial (1996) e a instalación Un e outro (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. En 1747 compuxo o seu primeiro espectáculo para a Opéra Comique. Foi primeiro bailarín e mestre de baile nos principais teatros de Francia, Alemaña, Gran Bretaña, Austria e Italia. Publicou Lettres sur la danse et sur les ballets (1760).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástico. Emigrou coa súa familia en 1938 a Uruguay, onde estudou arquitectura. En 1942 iniciouse na arte coa cerámica e cofundou a revista Apex, onde publicou contos, e a que lle permitiu coñecer ao pintor J. Torres García, clave para a súa formación intelectual. A súa obra caracterizouse por unha figuración construtivista de cores planas e carácter costumista en escenas urbanas, rurais ou naturezas mortas. Pouco despois achegouse á abstracción en que lle deu moita importancia ao material ata que evolucionou cara á plenitude da súa obra coa incorporación do espazo e a luz. Trasladouse a Bos Aires (1947) e desde 1953 comezou a expoñer coa axuda de Luís Seoane. Colaborou coa revista Galicia Emigrante, regresou a Montevideo (1957) e traballou en xornalismo. Destacou polos seus murais de grandes dimensións como o do estadio de Montevideo, Mural del Cerro (1962-1964), onde apareceron de forma explícita as características construtivas do artista, cun emprego...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte principal ou central dunha cousa ao redor da que se desenvolven ou rexen os demais elementos.

      1. Parte do átomo en que se concentra case toda a súa masa (99,9%) e toda a carga eléctrica positiva. O núcleo atómico está formado por protóns e neutróns (nucleóns), unidos entre eles polas forzas nucleares. Segundo a proporción de protóns e neutróns, o núcleo pode ser estable ou inestable; neste último caso desintégrase. Na natureza hai 274 tipos de núcleos (núclidos) que son estables, e coñécense máis de 1.500 inestables. O número atómico dun elemento químico é recoñecido como igual ao número de cargas positivas do núcleo.

      2. núcleos espello

        Parella de núcleos atómicos constituídos polo mesmo número total de nucleóns, pero de tal xeito que o número de neutróns dun é igual ao de protóns do outro.

    2. Glóbulo esférico ou elipsoide que contén case todo o ADN da célula polo que porta a chave xenética e é o centro de información que dirixe as sínteses celulares. É unha esfera de 5 a 25μ onde se distinguen a membrana nuclear, só en células eucariotas, o nucléolo, o retículo nuclear e o nucleoplasma. A membrana nuclear, de 200 Å de grosor, ten dúas capas perforadas por poros de 500 Å e separados por un espazo que comunica co protoplasma polo retículo endoplasmático. O núcleo pode ser único ou dobre; o retículo nuclear está formado polos grans de cromatina e polos cariosomas ou grans máis voluminosos; o nucleoplasma ou cariolinfa baña todo o núcleo, é incoloro e un pouco acidófilo. O núcleo encóntrase en case todas as células vexetais e animais, e está formado por seis clases de substancias: ácido desoxirribonucleico, ácido ribonucleico, proteínas, lípidos, conxuntos inorgánicos, protaminas e histonas. O seu pH varía de 7,6 a 7,8 e prodúcense nel mudanzas importantes durante as divisións...

    3. Esfera central da terra que se sitúa baixo a descontinuidade de Gutemberg, que a separa do manto. Esténdese por debaixo dos 2.900 km e representa o 16% do volume e o 32% da masa terrestre. A súa densidade é de 9,8 baixo a descontinuidade de Gutemberg e de 13,6 no centro da Terra. As ondas primarias P tratan de penetrar o núcleo externo nun descenso brusco da velocidade, e as ondas secundarias S non se propagan dentro del, o que suxire un núcleo externo esencialmente fluído. A 5.100 km unha descontinuidade sísmica feble separa o núcleo externo dun núcleo interno sólido. Por analoxía cos sideritos, inicialmente supúxose que o núcleo estaba composto de ferro cun 6% de níquel, non obstante actualmente crese que con esta composición tería unha densidade máis alta da real e suponse que contén ata un 20% de elementos máis lixeiros (silicio e xofre).

      1. Lugar onde se concentran cousas, persoas ou actividades.

      2. núcleo industrial

        Lugar onde se concentra predominantemente a industria. As súas características son determinadas por diversos factores como a facilidade de comunicación, a proximidade das materias primas, a abundancia de man de obra especializada ou barata, as facilidades arancelarias e a vontade do poder político.

      3. núcleo de poboación

        Asentamento humano que se caracteriza pola agrupación dun número mínimo de edificacións contiguas que forman rúas, prazas ou calquera outro tipo de vía urbana.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • nucle(i/o)-.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade da estrutura vírica constituída por unha envoltura proteica (cápside) no interior da que se encontra o ácido nucleico correspondente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está relacionado co núcleo e co citoplasma dunha célula.

    2. Relación entre o volume do citoplasma e o do núcleo dunha célula.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á reacción en que un nucleófilo ataca a un composto electrofílico ou electrófilo.

    2. Aplícase ao reactivo que cede electróns nas reaccións químicas.

    3. nucleófilo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reactivo que dá unha parella de electróns dispoñibles ao substrato para formar un novo enlace covalente. OBS: Tamén se denomina reactivo nucleofílico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica radiolóxica que se emprega para facer opaco o disco intervertebral mediante un produto de contraste.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase aos núcleos que teñen nucléolos.

    2. Aplícase ás células que teñen os núcleos con nucléolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao nucléolo.

    2. Rexión cromosómica activa durante a formación do nucléolo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corpúsculo pequeno esferoidal que se encontra no interior do núcleo da célula. Atópase en todas as células con núcleo, e no microscopio electrónico vese formado por fibrilas irregulares ou por masas homoxéneas. O líquido nucleoplasmático penetra no seu interior, e crese que ten relación coa síntese dos ribosomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico común das partículas que constitúen un núcleo atómico, é dicir, do neutrón e do protón. Os nucleóns son hadróns, e considérase que protón e neutrón forman un dobrete dun único nucleón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia e tecnoloxía das transmutacións atómicas e das súas aplicacións.

    2. Parte da electroquímica que estuda a aceleración, detección, reconto e separación das partículas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á nucleónica ou aos nucleóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema cuántico formado por un nucleón e un antinucleón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fluído que ocupa a maioría do espazo do núcleo dunha célula.

    VER O DETALLE DO TERMO