"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de rede de difracción constituída por unha lámina metálica, provista dunha serie de raias paralelas que forman unha reixa, que funciona por reflexión.
-
PERSOEIRO
Xornalista e explorador británico. Coñecido como Henry Morton Stanley, en 1869 foi enviado polo New York Herald a África, na procura de D. Livingstone, a quen atopou na beira oriental do lago Tangañika. En 1874 comezou unha nova viaxe en África aos lagos Vitoria, Mobutu, Tangañika e a conca do río Congo. Noutra expedición (1879-1884) remontou o río Congo ata o Malebo Pool.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, debuxante e gravador. Dedicouse á caricatura, aínda que cultivou a pintura de xénero e o retrato. Colaborou tamén nalgúns diarios e ilustrou diversas obras literarias de Goldsmith, Smollett e Sterne.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora inglesa. Escribiu a colección de literatura fantástica infantil-xuvenil protagonizada por Harry Potter, en que mestura motivos clásicos da literatura infantil con elementos propios do xénero fantástico e alusións á mitoloxía de culturas tan diversas coma a grega, a céltica ou a xaponesa. Está composta por Harry Potter and the Philosopher’s Stone (1997), Harry Potter and the Chamber of Secrets (1998), Harry Potter and the Prisoner of Azkaban (1999), Harry Potter and the Goblet of Fire (2000), Harry Potter and the Order of the Phoenix (2003) e Harry Potter and the Half-Blood Prince (2005). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias da Concordia (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘sangue’.
-
PERSOEIRO
Muller de Alexandre o Grande, filla de Oxiartes, sátrapa de Bactriana. Foi capturada xunto co seu pai por Alexandre (330 a C), con quen casou (327 a C) e de quen tivo un fillo, Alexandre (323 a C). Casandro matounos a ela e mais ao fillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe. Sufriu o martirio en Córdoba durante a persecución de ‘Abd al-Ra ḥ mān II. A súa festividade celébrase o 16 de setembro.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente aos roxolanos.
-
Individuo da tribo roxolana.
-
Tribo sármata de alanos que vivían entre o Dniéper e o Don (s I a C) e posteriormente (s I d C) na ribeira esquerda do Danubio. Parece que foron absorbidos polos godos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro inglesa fundada en 1960 por Peter Hall e Peter Brook a partir do núcleo do Shakespeare Memorial Theatre de Stratford. Ten cinco teatros e unha programación que se dedica a Shakespeare e a outros autores clásicos e contemporáneos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Monumento megalítico situado en Alba (Vilalba). Incluído nun conxunto funerario formado por seis medoñas, está composto por unha cámara poligonal de enormes dimensións (12 m de diámetro e 1,50 m de altura) integrada por oito laxes chantadas inclinadas cara ao interior e que non presenta cuberta. A mámoa está cuberta na súa maior parte. Conserva unha serie de gravados que foron localizados na parte interior de catro lousas que representan liñas onduladas dispostas de xeito paralelo en dirección vertical sobre a superficie pétrea, que poden ser interpretadas como serpes, símbolo da fertilidade.
-
PERSOEIRO
Escritor, crítico e pensador ruso. Filósofo de corte vitalista, considérase un simbolista. Crítico do cristianismo, pero non da relixión, pensaba nunha relixión natural en que o sexo, fronte ao amor, á familia e á activade vital, era o centro. Escribiu Legenda o velikom inkvizitore F. M. Dostojevskogo (A lenda do grande inquisidor de F. M. Dostojevskij’, 1894), Tjomnyj lik (O rostro escuro, 1911), Opavšije list’ja (As follas caídas, 1913-1915) e Apokalipsis našego vremeni (A apocalipse do noso tempo).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesor. Foi un dos fundadores de Escola Aberta e de Nova Escola Galega. Pertenceu á comisión de Lingua do Consello da Cultura Galega e dirixiu a revista Galicia, Cultura y Ocio. Ademais de diversos libros de texto de carácter didáctico e pedagóxico, é autor de Os residuos sólidos urbanos (1990), O patrimonio arqueolóxico e artístico (1992) e Xograres do mar e do amor (1998). Coordinou os volumes Galicia en mapas (1980) e Arqueoloxía de Galicia (1982). Recibiu o Premio da Crítica Galicia (1980) e o Premio Otero Pedrayo (1984), en representación de Escola Aberta e do audiovisual Galicia en imaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta ruso. Seguidor da poesía publicista, das súas obras destacan Flagi vesny (Bandeiras de primavera, 1955), Neobycajnye ostrova (Illas non vulgares, 1962), Radar serca (Radar do corazón, 1971) e Golos Goroda (A voz da cidade).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político. Afiliado á Unión Cívica Radical (UCR), foi gobernador de Bos Aires (1996-1999) e presidente do comité nacional da UCR (1997-1999). Presidente de Arxentina (1999-2001), o seu goberno destacou pola lentitude e a falta de decisións que levaron a decretar o estado de excepción monetario coñecido popularmente como corralito, e o estado de sitio coa conseguinte suspensión de garantías constitucionais. Ao fracasar o seu intento de formar un goberno de unidade nacional coa oposición, presentou a súa dimisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada na Rúa. Construída na primeira metade do s XVII e reformada no s XVIII, a súa orixe remóntase ata o s XII. Consta de tres naves divididas en pequenas capelas. A nave central cóbrese con bóveda de canón de madeira, apoiada en arcos faixóns tamén de madeira, e decórase con casetóns con motivos vexetais. A cúpula do cruceiro eríxese sobre pendentes e conta cunha lanterna que ten un pequeno balcón interior de madeira policromada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Tinto en Calo (Teo). Construída no s XVI ou XVII, trátase dunha ponte dun só van de granito que se atopa no antigo camiño de Santiago a Padrón.
-
-
Que mestura as cores branca, gris e baia.
-
Aplícase ao cabalo ou egua que ten o pelo branco, gris e baio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á tea de liño ou algodón con estampado de cores que se fabrica en Rouen.
-
-
Relativo ou pertencente aos ruandas ou á súa lingua.
-
Individuo dos pobos ruandas.
-
Grupo de pobos da familia bantú que viven nas repúblicas de Rwanda e Burundi. Está dividido en grupos raciais ben diferenciados: os hutus ou rundis, que se dedican á agricultura, os tutsis, que se dedican á gandaría, e os pigmeos twa, cazadores e ceramistas. A administración estaba nas mans tutsis, que lle cobraban o tributo aos rundis, sendo estes os cultivadores das terra; e os twa facían de escravos de todos.
-
Lingua bantú do phylum níxer-congo que se fala en Rwanda, Burundi, República Democrática do Congo e Uganda.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rwanda.