"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente a Rwanda ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Rwanda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e escritor. Durante a Segunda República, foi membro do Partido Galeguista e estivo relacionado co anarcosindicalismo local. As súas obras teatrais foron moi apreciadas nos ambientes proletarios coruñeses. Escribiu Contrabando en el alma. Morreu fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor e músico. Coñecido como Xoán Rubia, en 1968 comezou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, onde entrou en contacto cun grupo de músicos emerxentes que logo formarían Voces Ceibes. Ese mesmo ano compuxo as súas primeiras cancións sobre poemas de autores galegos, das que destacan Falade galego ou A emigración. En 1969 gravou o seu primeiro disco e a partir dese momento comezou unha serie de recitais e concertos por vilas e cidades de Galicia. En 1971 gravou outro disco con temas populares, dos que destacan Catro vellos mariñeiros ou Vexo Vigo. En 1976 editou o disco titulado Lembranzas e, xunto coa cantante María Manuela, lanzou o disco Panxoliñas. Posteriormente, editouse Nadal, que complementaba o anterior, compuxo novas cancións e actuou en numerosos festivais, tanto nacionais como internacionais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xoán Rubia Alejos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bóveda baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, un piñeiro de sinople situado á destra, superado de tres bandas de goles no cantón sinistro do xefe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Incio baixo a advocación de san Vicenzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Bóveda. Construída no s XVI, foi modificada en séculos posteriores. Edificouse en cachotaría e cantaría e ten unha soa nave. Na fachada destaca a espadana de dous corpos e tres vans, decorada con pirámides.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor. Coñecido como Pepe Rubianes, iniciouse co grupo Dagoll Dagom en Barcelona nos espectáculos No hablaré en clase (1977) e Antaviana (1978), e con Teatre Lliure en Operación Ubú (1981). A partir de 1981 comezou a traballar en solitario creando espectáculos como Pay-Pay (1983), Sin palabras (1987), Ssscum! (1992) e Rubianes, solamente (1987). Tamén realizou diversos traballos de interpretación nos filmes Barrios altos (1987) e El crimen del cine Oriente (1997). Recibiu o Premio Especial de la Crítica (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Rubianes Alegret.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilagarcía de Arousa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Rubiáns (Vilagarcía de Arousa). Ten a súa orixe nunha torre que se construíu, segundo unha inscrición do portón, en 1445. Conserva a capela, edificada en 1598. O pazo presenta a remodelación realizada no s XVIII. Construído en granito, presenta unha aparencia exterior sólida dividida en dous tramos horizontais mediante unha cornixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Calvos de Randín. De orixe románica, reformouse no s XVIII. Só se conserva da primitiva construción a capela maior, cuberta cunha bóveda de maior. Destacan as pinturas murais, que puideron realizarse no s XVI e que poden representar o Xuízo Final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Ingresou no exército en 1868 e, destinado á Coruña, participou coas tropas que apoiaron o movemento revolucionario dese ano. Cabo segundo de infantaría, en 1869 foi destinado a Cuba, onde ascendeu a cabo primeiro e recibiu, polo seus méritos, a Cruz Blanca de primeira clase ao mérito militar. En 1871 regresou a España e ingresou como cadete no rexemento Murcia 37 da Coruña. En 1872 participou na sufocación da insurrección do Arsenal de Ferrol e polas súas accións ascendeu a alférez e recibiu a Cruz Vermella de primeira clase ao mérito naval. Durante a Terceira Guerra Carlista (1872-1876) participou nas campañas de Galicia e sobre todo en Gipuzkoa, Pamplona, Logroño e Burgos, o que lle valeu o ascenso a capitán. En febreiro de 1876 pasou a formar parte da escolta do rei e participou na entrada triunfal de Alfonso XII en Madrid. En 1895, como tenente coronel, embarcou de novo cara a Cuba para facer fronte á insurrección que estalara na illa. Gravemente ferido na acción do Potrero...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Fundou os xornais herculinos El Telégrafo (1843), El Coruñés (1843) e El Vigilante (1843), que mantiveron unha tendencia progresista moderada. En 1849 promoveu a aparición de El Fomento de Galicia, de curta duración como os anteriores. Como redactor participou en El Vigilante, El Diario de La Coruña, La Ilustración ou El Avisador, entre outros. Dedicouse aos negocios industriais e ao comercio e no apartado político foi deputado provincial e alcalde da cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor e pianista ruso. Recibiu consellos de F. Liszt e F. Chopin en París, onde actuou como intérprete. Posteriormente coñeceu a G. Meyerbeer en Berlín. En 1848 estableceuse en Peterburgo e dedicouse desde entón a compoñer. Fundou e dirixiu o conservatorio de Peterburgo (1862-1867 e 1887-1890). Compuxo seis sinfonías, catro aberturas para orquestra, dúas cantatas, sonatas para piano, óperas (Demon, 1875), oratorios (Christus, 1888) e outras obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Director de Enagás (1973), foi subgobernador (1977-1984) e gobernador do Banco de España (1984-1992). Desempeñou un papel importante no proceso de concentración bancaria, aínda que tivo que dimitir pola súa implicación no escándalo financeiro do grupo Ibercorp.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor ruso. Monxe do mosteiro da Santísima Trindade de Zagorsk, onde foi discípulo de san Serxio de Radonež, pasou despois ao de Santo Andrónico, en Moscova. Decorou ao fresco os interiores da catedral da Dormición (Uspenskij sobor) en Vladimir e da catedral da Anunciación (Blagoveščenskij sobor) no Kremlin de Moscova, estes con Teófanes o Grego. Pintou tamén a iconóstase da catedral da Dormición de Zvenigorod. Destacan as súas iconas Salvador (1400?), O arcanxo san Miguel (1400?) e A Trindade (1411?), ás que imprimiu dun ton de dozura e humanidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político ruso. Vicepresidente da Federación Rusa e aliado de Boris N. Jelcin ata 1993, presentouse ás eleccións lexislativas de 1995 como xefe da formación Derjava, e nas presidenciais de 1996 apoiou o comunista Guennadi Ziuganov. Foi elixido gobernador de Kursk (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor francés. En Bruxelas, fixo o Bust de Jacques-Louis David (1826). Establecido en París (1827), levou a cabo a súa produción romántica e naturalista, malia que inspirada por un certo clasicismo, da que destacan Pêcheu napolitain jouant avec une tortue (1834), os altorrelevos do Arc de Triomphe de l’Étoile de París (1832-1835), Jeanne d’Arc (1845-1852) ou Le maréchal Ney (1852-1853, praza do Observatoire, París).

    VER O DETALLE DO TERMO