"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Filósofo. Coñecido como George Santayana, tratou de entroncar o mundo físico co mundo das esencias mediante o espírito humano, o cal co seu esforzo intelectual e os seus sufrimentos fai posible a liberación final dos valores de verdade, beleza e outros. Escribiu The Life of Reason (1906), The Realms of Being (1927-1940) e The Last Puritan (1935).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro e político. Foi conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes e Medio Ambiente (1986-1987). Realizou estudos sobre a reforma de estruturas agrarias e infraestruturas urbanísiticas, dos que destacan La ordenación rural de Ourense, La viticultura en Ourense, Condiciones geoeconómicas de la provincia de Ourense-El polígono industrial de San Ciprián de Viñas e Los Espacios Naturales y el desarrollo sostenible (1996). Recibiu a Encomienda de la Orden del Mérito Agrícola (1965) e a Cruz de Caballero de Cisneros (1966).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Axente comercial e industrial adegueiro. Formou parte da corporación municipal de Vigo, presidida por Tomás Pérez Llorente (1950). Foi pioneiro na elaboración dun mellor viño do Rosal, ao que se dedicou plenamente desde 1978. Foi presidente de axentes comerciais, colexiado de honra dos aseguradores, membro da Enxebre Orde da Vieira, membro da confraría dos Enófilos da Bairrada-Portugal (1982), confrade de mérito dos Amigos da Cociña Galega (1987) e Gran Adegueiro do País Galego (1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín. Coñecido como Antonio, formou parella coa bailarina Rosario e fundou a súa propia compañía en 1953, coa que actuou en EE UU. Foi Director do Ballet Nacional Español (1977-1983). Participou en diferentes producións cinematográficas, como The Long Duel (1967) e Villa Rides (1968).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi un dos xefes da Revolución de Setembro de 1868. Como ministro de Fomento (1868-1869 e 1871) decretou a liberdade de ensino, e como ministro de Graza e Xustiza (1869-1870) introduciu o matrimonio civil e a organización do xurado. Foi presidente do Consello de Ministros (1871 e 1871-1873) e unha das persoas máis fiel de Amadeo I. Cando se produciu a restauración dos Borbóns foi expulsado de España e desde o exilio organizou diversas conspiracións republicanas e fundou, xunto a Nicolás Salmerón Alonso, o Partido Republicano Progresista (1880). En 1895 volveu a España e retirouse da política.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de arquitectura. Xesuíta, dirixiu as obras do Colexio da Compañía de Xesús en Monforte de Lemos, iniciado en 1592 e do que probablemente deu as trazas, e do Seminario de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Coñecido como o Vello, en 1523 comezou, en estilo gótico, a catedral de Córdoba, dentro da mesquita, que tras a súa morte foi continuada polo seu fillo Hernán Ruiz o Novo (Córdoba?-Sevilla 1569), arquitecto plateresco. En Córdoba fixo tamén a capela dos Simancas, da catedral, e en Sevilla, continuou a igrexa do Hospital de la Sangre e fixo o campanario e coroamento da Giralda. Foi autor dun Manuscrito de Arquitectura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. De orixe cántabra, traballou na capela maior de Santiago de Celeiro (Viveiro, 1622) e na capela maior do convento de San Domingos de Viveiro (1623), onde fixo dous sepulcros, e realizou unha capela en Santa María do Campo de Ribadeo (1623).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso e escritor. A súa obra reflicte unha extraordinaria cultura e erudición. O Libro del Buen Amor foi redactado en 1330 e corrixido na versión definitiva en 1343. Trátase dunha obra composta por elementos en aparencia illados, pero que se estruturan ao redor dunha liña unitaria, acentuada polo ton xeral de ironía e técnica paródica. Hai tamén unha paráfrase do Pamphilus medieval, unha parodia da épica, sátiras e digresións morais. O metro empregado nesta parte é a cuaderna vía. Integran a parte lírica poemas relixiosos, cancións de estudantes, de cegos e serranillas, xunto con outras composicións, dotadas dunha gran variedade de metros. A obra entronca perfectamente coa tradición literaria europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juan Nepomuceno Carlos Pérez Rulfo Vizcaíno.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que rumia.

      1. Relativo ou pertencente aos ruminantes.

      2. Mamífero da suborde dos ruminantes.

      3. Suborde de animais mamíferos, da orde dos artiodáctilos, de formas e dimensións moi variables, que se caracterizan polas particularidades da súa dentición e, sobre todo, do seu aparato dixestivo. O estómago divídese en catro compartimentos, chamados rume, retículo, cenfollas e calleiro. Este último compartimento pode ser considerado o auténtico estómago, posto que é o único que ten todos os tipos de tecido epitelial típicos do estómago dos mamíferos. Son representante típicos dos ruminantes os bois, as vacas, as ovellas, as cabras, os camelos, as llamas, os antílopes, os cervos e as xirafas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político italiano. Membro do Partito Democrazia Cristiana, participou na resistencia contra o fascismo. Deputado desde 1948, foi secretario xeral do seu partido (1964-1965) e presidente da Unión Europea Democratacristiá (1965-1982). Ocupou a presidencia do goberno en varias lexislaturas entre 1968 e 1974, e foi membro do Parlamento Europeo (1979-1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico anglicano. Bispo de Saint Albans (1970-1980), foi arcebispo de Canterbury e primado da Igrexa Anglicana (1980-1991). Interesado polo ecumenismo, mantivo contactos cos católicos e cos ortodoxos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta finlandés. Escribiu en sueco e afirmouse como poeta orixinal nos Idilli, poemas líricos e épicos da paisaxe de Laponia. Da súa obra destaca Fänrik Stals sägner (As narracións do alférez Stal, 1848-1860), unha especie de romanceiro da guerra ruso-finesa de 1808-1809, composto por 35 baladas, das que a primeira se converteu no himno nacional finlandés en 1848.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico alemán. Considerado o creador da cromatografía sobre papel, descubriu o pirrol, a anilina, o efecto da beladona e estudou a composición da materia. Publicou Farbenchemie (1834-1850), en 3 volumes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Etapa do Oligoceno belga situado sobre o Priaboniano e baixo o Chatiano. Corresponde aproximadamente ao Estampiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Rupeliano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Foi bispo de Worms, apóstolo de Baviera e fundou o mosteiro de San Pedro en Salzburgo, de onde foi o primeiro bispo. A súa festividade celébrase o 27 de marzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao espazo situado nas proximidades dunha cidade caracterizado pola mestura de elementos da paisaxe rural como o parcelamento agrario, as hortas e o hábitat rural tradicional, con outros derivados da urbanización como novas vivendas para activos non agrarios, áreas industriais, infraestruturas e equipamentos que consumen moito espazo. Foi un proceso no que á desconcentración residencial das cidades nas áreas rurais próximas se engadiu a instalación nas mesmas de toda unha serie de infraestruturas consumidoras de grandes cantidades de espazo como aeroportos, estacións para o abastecemento e a depuración de auga, depósitos de residuos sólidos urbanos, plantas de tratamento de residuos perigosos, creación de polígonos empresariais e industriais e grandes centros comerciais e de ocio. Deste xeito nestes espazos a nota máis característica é a xustaposición de caracteres urbanos e rurais dun xeito máis ou menos anárquico. Este espazo asóciase deste modo a unha gran variedade de usos do...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Carballo. Construída entre os ss XVII e XVIII en estilo barroco, ten planta de cruz latina con capelas laterais. A nave está dividida en tramos e está cuberta cunha bóveda de canón erixida sobre arcos faixóns. O cruceiro cúbrese cunha cúpula rematada en lanterna. A fachada principal está enmarcada por catro pilastras xigantes que sustentan un friso. Sobre a porta ábrese unha fornela coa imaxe da Virxe. Remata nun frontón circular e nunha torre-campanario de dous corpos: o inferior formado por catro arcos de medio punto e o superior pechado cunha pequena cúpula de media laranxa rematada nun pináculo.

    VER O DETALLE DO TERMO