"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Almeiras (Culleredo). Ten planta en forma de L cunha torre na á máis longa. Foi realizada no s XVIII.
-
PERSOEIRO
Xesuíta francés. Superior das misións da América do Sur (1754), creou unha empresa comercial para tratar de sanear a economía das misións, mais a súa bancarrota contribuíu ao inicio dunha campaña antixesuítica que culminou coa expulsión da orde de Francia (1764).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran mestre da orde de Malta (1557-1568). Tivo un papel importante na loita polo control do Mediterráneo entre as forzas cristiás e as turcas, e destacou especialmente na defensa de Malta, asediada polos turcos, ata que chegou a frota hispana (1565).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que é de constitución débil ou delicada.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Tarragona, Catalunya (4.373 h [2001]). No seu termo atópanse as centrais nucleares de Vandellòs.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Estudou as ecuacións cúbicas e cuadráticas e elaborou, xunto con Lagrande, métodos para resolver ecuacións. Son especialmente importantes os seus estudos sobre os determinantes.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política arredista liderada por Álvaro de Las Casas. Deuse a coñecer oficialmente o 25 de xullo de 1933 coa publicación do seu voceiro Mais! A súa ideoloxía coincidía case totalmente coa do Partido Galeguista, agás na súa defensa da separación de España. Non tiña un programa concreto nin unha estrutura organizativa.
-
PERSOEIRO
Historiadora. Especilista en historia contemporánea, foi codirectora desde 1988 do proxecto HISTORGA (Historia Oral de Galicia), que recollía testemuños orais da historia recente de Galicia e formou parte do Seminario de Fontes Orais. Publicou Prensa juvenil y estudantil en el bando franquista de la Guerra Civil (1986) e La Universidad de Santiago de Compostela 1898-1936 (1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Musicólogo e crítico musical. Formado con Xoán Montes, da súa obra destacan Estudio sobre los orígenes y desarrollo de la música popular gallega (1892), Monografía sobre la música patriótica española (1901) e Del piano y de las pianistas (1905). Presidente da Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo, foi membro da Real Academia Galega e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Eclesiástico e político cubano. Deputado nas Cortes españolas de 1822, defendeu a autonomía de Cuba e a abolición da escravitude. Condenado a morte polos absolutistas ao ter votado pola rexencia en 1823, exiliouse en Nova York (1824), onde foi nomeado vigairo xeral (1839).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Coñecido como Il Padovanino, estableceuse en Venecia, onde despregou unha ampla actividade cunha obra que recobraba as tradicións locais e exaltaba a cor. Das súas obras destacan Nozze di Cana (1622) e Giuditta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista. Estudou dereito en Oviedo e titulouse en xornalismo en Madrid (1968). En 1969 fíxose cargo da delegación de El Ideal Gallego en Santiago de Compostela. Foi correspondente de Ya e da axencia Logos. Deseñador da revista Outeiro (1981), en 1984 exerceu como director-xerente da Fundación Araguaney e director de programas na produtora CTV. Foi guionista da TVG, traballou, desde 1993, no Consorcio de Santiago e foi responsable dos programas Galicia Enteira e Galeguidade. Publicou a novela Cando soñar é canso (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor e ilustrador. Cultivou principalmente a paisaxe, sobre todo a urbana, de carácter realista. Como ilustrador, destaca o seu traballo no libro Vigo sentimental, de F. Fernández del Riego, onde reflectiu recunchos e edificios da cidade e retratos de persoeiros de todos os tempos.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Lingüista. Catedrático de Lingua Castelá na Universidade de Santiago de Compostela (2002), foi fundador da revista Moenia. Revista lucense de lingüística e literatura, da que é codirector, e dirixe as coleccións de libros Lucus-Lingua, Lingüística e Grammaton e Logophiles. Como autor publicou Condicionales, concesivas y modo verbal en español (1992), La forma verbal española cantara en su diacronía (1996), Estudios de morfosintaxis verbal española (2002) e El subsistema vocálico español (2002); e como editor destacan La descripción del verbo español (1990), Estudios lingüísticos (1998), Da morfoloxía ao dicionario. Estudios de lingüística galega (2001), Léxico y Gramática (2002) e Gramática e léxico em sincronia e diacronia. Um contributo da lingüística portuguesa (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Letra de imprenta maiúscula que ten a mesma altura ca as minúsculas do mesmo corpo.
-
ILLAS
Grupo de illas de Noruega, situadas ao N das Lofoten, no Océano Atlántico, que forma parte dos fylker de Nordlan e Troms (3.700 km2). As máis importantes son Langåy, Andåy e Hinnåy. A poboación (uns 57.000 h) vive da pesca e da industria que dela deriva.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Foi membro do padroado do Museo Municipal Quiñones de León e realizou carteis e portadas para libros. De estilo realista e romántico, pintou Francisquiño o santeiro, Eduardo Iglesias (1916) e Luis Taboada (1906).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Debuxante e escritor. Colaborou cos seus artigos en diversas publicacións periódicas e cos seus debuxos en El Pueblo Gallego, El Tea, Vida Gallega e Faro de Vigo. Parte dos seus artigos recolléronse en Ruleta de motivos puenteareanos (1964) e dos seus debuxos en Os nosos humoristas 2: Vidales Tomé (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
MACIZO
Macizo dos Pireneos axiais, de materiais paleozoicos, situado entre Gascoña e Aragón (3 303 m).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Transformou a igrexa da Madeleine de París (comezada en 1764 na época de Luís XVI) no templo da Gloire (1806-1828), con planta de cruz latina, con cúpula e interior, frontón na fachada e pórticos con columnas.
VER O DETALLE DO TERMO