Vangarda Nazonalista Galega
Vangarda Nazonalista Galega
Organización política arredista liderada por Álvaro de Las Casas. Deuse a coñecer oficialmente o 25 de xullo de 1933 coa publicación do seu voceiro Mais! A súa ideoloxía coincidía case totalmente coa do Partido Galeguista, agás na súa defensa da separación de España. Non tiña un programa concreto nin unha estrutura organizativa.