Vesterålen

Vesterålen

Grupo de illas de Noruega, situadas ao N das Lofoten, no Océano Atlántico, que forma parte dos fylker de Nordlan e Troms (3.700 km2). As máis importantes son Langåy, Andåy e Hinnåy. A poboación (uns 57.000 h) vive da pesca e da industria que dela deriva.