"CIA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3047.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de sesións celebradas, de xaneiro de 1919 e xaneiro de 1920, entre os representantes das potencias vitoriosas, e os seus asociados, e as vencidas na Primeira Guerra Mundial. Principalmente, aceptáronse os Catorce Puntos de Wilson, dos que se materializou a creación da Sociedade de Nacións e acordáronse os tratados de Versailles con Alemaña, Saint-Germain-en-Laye con Austria, Trianon con Hungría, Neuilly con Bulgaria e Sévres co Imperio Otomán.
-
ENTRADA LARGA
Asemblea lexislativa configurada pola Constitución española de 1978 en que se delimitaron os sistemas de goberno que deben ter as comunidades autónomas e a súa organización institucional (artigo 152.1) conforme ao modelo estatal no aspecto concreto que se refire ás relacións entre parlamentos (unicamerais) e gobernos autonómicos.
VER O DETALLE DO TERMO
Antecedentes históricos
O Parlamento de Galicia ten a súa orixe máis inmediata no texto de 1981. Un antecedente remoto podería estar no Proxecto de Constitución para o Estado Galaico de 1887 aprobado polo Partido Republicano Federal, onde se fala, no título V da Asemblea Rexional. Lois Peña Novo referiuse tamén á Asemblea da Mancomunidade Galega, pero foi no democrático contexto de recuperación de liberdades dos pobos da Segunda República Española onde naceron os precedentes inmediatos das presentes institucións autonómicas, sobre todo, no que se aprobou na Asemblea de Concellos de Galicia en 1932 e se plebiscitou de modo afirmativo polo... -
VER O DETALLE DO TERMO
Revista publicada en Barcelona a partir do 1 de outubro de 1995. Editada pola Peña Cultural Deportivista de Barcelona, tivo como director a Ramón Rey Nóvoa. Incluíu diferente información deportiva e artigos sobre a vida e cultura galegas (gastronomía, turismo, arte, festas ou historia), así como traballos sobre galegos residentes en Catalunya.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parque empresarial creado en San Cibrao das Viñas en 1992 por iniciativa da Xunta de Galicia. Agrupa empresas e institucións de alto nivel tecnolóxico e innovador. Depende das consellerías de Economía e Facenda e de Industria e Comercio pero como órgano de xestión constituíuse en sociedade anónima na que participan, ademais da Xunta de Galicia, a Deputación de Ourense, a Cámara de Comercio e Industria de Ourense, os concellos de Ourense e San Cibrao das Viñas, a Confederación Empresarial de Ourense, UGT e as tres universidades galegas.
-
GALICIA
Historiador. Foi director do Teatro Nacional Universitario. Escribiu Historia de la ciudad de La Coruña (1985), El Ojo de Dios: historia y leyenda de la Torre de Hércules (1991) e A Galicia de alén mar: a aventura americana de 1600 a 1825 (1992). Recibiu o Oscar de Oro de la Comunicación ao mellor labor de divulgación histórica e o Premio Pérez Lugín (1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Federación belga de dous partidos democráticos de inspiración cristiá, un valón e o outro flamengo. Creouse, no período de entreguerras, a partir do antigo partido católico e participou na maioría dos gobernos desde 1946. Apoiou o retorno do Rei Leopoldo III de Bélxica e, en 1954, foi derrotado nas urnas. Posteriormente volveu ao poder (1958) e coligouse cos socialistas e despois cos liberais. Malia as crises lingüísticas que ocasionaron a separación total das dúas ás do partido, continuou no poder só ou en coalición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política francesa fundada en 1971 pola fusión da Section Française de l’Internationale Ouvrière (SFIO) e de diversas agrupacións e clubs socialistas no congreso de Épinay. Nas eleccións presidenciais de 1974 obtivo o 49% dos votos, e nas de 1981, co apoio dos comunistas e dos ecoloxistas, un triunfo que se complementou coa maioría absoluta do PS nas lexislativas do mesmo ano. O partido perdeu forza nas diversas consultas electorais celebradas desde 1983, e en 1986 pasou á oposición. Os seus secretarios foron François Mitterrand (1971-1981), que presidiu a república (1981-1995), Lionel Jospin (1981-1988), Pierre Mauroy (1988-1991), Laurent Fabius (1991-1993), Michel Rocard (1993-1994), Henri Emmanuelli, (1994-1995), novamente Lionel Jospin (1995-1997), elixido primeiro ministro (1995-2002), e François Hollande (desde 1997).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política fundada en 1885 co nome de Parti Ouvrier Belge. Dirixido por César de Paepe e, despois, por Emile Vandervelde, loitou por obter o sufraxio universal (1919) e por unha mellora das condicións de vida e de traballo. Ao se producir a invasión alemá, Hendrik de Man, o seu presidente, disolveuno (1940), pero a base reconstruíuno na clandestinidade (1945). Despois da Segunda Guerra Mundial, os socialistas participaron en diversos gobernos de coalición con socialcristiáns e liberais, fixeron promulgar medidas sociais, defenderon a laicidade do ensino e impulsaron unha política europeísta. Os conflitos lingüísticos entre valóns e flamengos da década de 1960 provocaron que adoptase unha estrutura independente para cada comunidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política paraguaia fundada o 11 de setembro de 1887 co nome de Partido Nacional Republicano. De carácter conservador, tivo períodos de inestabilidade que remataron cun golpe de estado que levou ao xeneral Alfredo Stroessner (1954-1989) a presidir a república. Desde as eleccións de 1993 conserva a maioría no Parlamento de Paraguay e na presidencia da república.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político creado en París, entre 1968 e 1969, como partido nacional e autónomo do Partido Comunista de España (PCE). Loitou contra os intentos centralizadores do PCE e contribuíu á unidade da oposición galega contra o Franquismo. Tamén participou na constitución da Xunta Democrática de Galicia (1975), na consolidación da Táboa Democrática Galega (1976) e na redacción do Estatuto de Galicia. Foi un partido importante na oposición galega, sobre todo en sectores industriais como Vigo, Ferrol, Santiago de Compostela e nas catro capitais de provincia. A súa evolución viuse afectada pola crise interna no PCE, ata converterse en Esquerda Unida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política fundada en 1974 co nome de Unión Social-Demócrata Galega. O seu fundador e primeiro presidente foi Alfonso Zulueta de Haz, aínda que tamén destacou J. L. Fontenla Rodrigues. Defendía a autodeterminación de Galicia, para integrarse nun estado federal, e a democracia, e definíase como socialista humanista, personalista, comunitario e demócrata. Propugnaba unha reforma socialdemócrata. En 1976 formou parte do Consello de Forzas Políticas Galegas e disolveuse despois do fracaso das eleccións de 1978.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación política arxentina fundada por J. D. Perón en 1945. Participou nas eleccións de 1946 co nome de Partido Laborista, integrado por disidentes da Unión Cívica Radical (UCR), líderes sindicais e grupos nacionalistas. Defendeu a xustiza social, a liberdade económica e a soberanía política. Aglutinou o peronismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido político fundado por Lenin en 1898 e que en 1918 tomou o nome de Partido Comunista da Unión Soviética.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política creada por iniciativa do comité federal de Vigo na Asemblea Cantonal de Galicia de Santiago de Compostela (1873). No programa electoral defenderon a proclamación da república federal, a autonomía de Galicia, as reformas sociais, a redención dos foros e a problemática do ferrocarril, ademais de recoller as aspiracións dos sectores máis populares. O consello executivo, formado, entre outros membros, por Aureliano Xosé Pereira de la Riva, Ramón Pérez Costales e Segundo Moreno Barcia, presentou un Proxecto de Constitución para o futuro Estado Galaico (1887). A aparición do rexionalismo conseguiu que perdese o apoio dun amplo sector do galeguismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo político creado en Madrid en 1929 coa participación de M. Domingo i Sanjuán. Experimentou un rápido e espectacular crecemento baseado nun verbal radicalismo económico e social. Malia todo, sufriu numerosas escisións ata a ruptura das tendencias principais en setembro de 1933.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización democratacristiá fundada en Madrid o 15 de decembro de 1922 que xurdiu ante o xiro autoritario do movemento maurista. Excluía os democratacristiáns e pretendía dar un enfoque moderno ás organizacións sociopolíticas católicas, fomentando o rexionalismo como unha nova concepción do estado centralizado. Pero a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) rematou con este proxecto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido Andalucista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política fundada na Coruña o 23 de agosto de 1963 por Cesáreo Saco López, Mario Orjales Pita e Xosé Luís Rodríguez Pardo, mentres Ramón Piñeiro López só participou na reunión fundacional. O colectivo inicial de afiliados estaba integrado por membros do vello Partido Galeguista e de Mocedades Galeguistas (FMG) como Francisco F. del Riego (o primeiro secretario xeral da organización) e L. Viñas Cortegoso, e unha nova xeración de mozos universitarios como Xosé Manuel H. Beiras Torrado, Ramón Lugrís Pérez e Fernando Pérez Barreiro. O seu ideario baseábase no marxismo, no federalismo, no socialismo e na democracia. Mantiveron un talante democrático e prestaron moita atención aos movementos homólogos que xurdían noutras nacionalidades. Estruturábase como un partido de cadros. A súa rede organizativa participou e dirixiu as campañas de axitación e propaganda contra a central de Castrelo de Miño, ao tempo que mantivo unha importante colaboración coa Unión do Pobo Galego (UPG). Despois...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización que se creou en 1982 da unión dalgúns militantes do Partido Socialista Galego (PSG) e de Esquerda Galega (EG), e que se presentou ás eleccións como PSG-EG. Desde 1992, optou por confluír con sectores galeguistas de centro e independentes, procedentes tanto de Coalición Galega como do Partido Nacionalista Galego e do Partido Galeguista. En 1993 aliouse con Esquerda Unida (EU) e pasou a denominarse Unidade Galega, organización que, en 1994, se integrou no Bloque Nacionalista Galego.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización política fundada en Madrid en 1879 por núcleos marxistas expulsados da Federación Regional Española da Asociación Internacional de Traballadores. Implantouse nos medios obreiros de Madrid, Euskadi e Asturias. O primeiro deputado socialista, Paulo Iglesias Posse, foi elixido en 1910, grazas á alianza electoral cos republicanos. O partido defendeu as reivindicacións obreiras e cumpriu unha ampla tarefa de educación popular. Aproveitou a tolerancia da que gozou durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) para implantarse nos medios campesiños do sur do estado. Participou no comité revolucionario (1930), no goberno provisional da Segunda República (1931) e no goberno de Manuel Azaña Díaz (1931-1933). Durante a Guerra Civil Española (1936-1939) Francisco Largo Caballero e Juan Negrín López presidiron cadanseu goberno de coalición; mentres, no exilio, impúxose a liña moderada de Indalecio Prieto Tuero. Deixando de lado o sector histórico escindido en 1972, que en 1982 se converteu...