"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Relativo ou pertencente ao margrave ou ao margraviato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Título de margrave.

    2. Territorio gobernado por un margrave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Bizancio e raíña de Tesalónica, filla do Rei Bela II e de Agnes de Antioquía. Casou en 1185 co Emperador Isaac II Anxo. Enviuvou en 1204 e volveu casar co marqués Bonifacio I de Monferrato, rei de   Tesalónica (?-1207), e posteriormente con Nicolao de Saint-Omer, señor de Tebas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Nápoles, filla do Rei Estevo V de Hungría e de Isabel de Cumania. En 1290 herdou o trono do seu irmán o Rei Ladislau IV de Hungría pero finalmente o sucesor foi o seu curmán André III de Hungría. Casou en 1270 co príncipe Carlos, futuro Carlos II de Nápoles. Renunciou aos seus dereitos ao Reino de Hungría en favor do seu fillo Carlos Martel de Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regra establecida por V. V. Markovnikov (1838-1904), segundo a que na adición dun haluro de hidróxeno a un dobre enlace non simétrico, o hidróxeno do haluro adiciónase sobre o carbono que contén máis átomos de hidróxeno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de San Fiz de Monfero (Monfero) que acada os 617 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo de expresión teatral escolar creado en 1973 no colexio vigués homónimo. Dirixido por Xulio González Lorenzo e María Xosé Eléxpuru, realizou diversos espectáculos na década de 1970, entre os que destaca A farsa do Cigarrón (1974), co que foi convidado a varias mostras de teatro da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño mercante. De ideoloxía anarquista, desde moi novo andou embarcado nos vapores que recalaban na costa L de EEUU e do Caribe, contribuíndo xunto cos tamén galegos Juan Vidal e Secundino Brage á organización dos traballadores do mar de diversas nacionalidades na Unión de Fogoneros, Marineros y Similares. Impulsor con Pedro Esteve e Alberto Martín do semanario neoiorquino en lingua española Cultura Obrera, en que asinaba como Xan da Graña, continuou a manter durante a primeira e a segunda década do s XX vencellos cos libertarios galegos a través dos voceiros Germinal e Cultura Libertaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Cultivou un tipo de peza dramática sentimental e superficial, así como poesía e novela do mesmo carácter. Dirixiu a editorial Renacimiento e foi un dos principais promotores e directores teatrais da época. Publicou a súa primeira obra baixo o título El poema del trabajo (1898). Traduciu ao castelán a Maeterlinck e Rusiñol, e das súas obras destacan Tu eres la paz (1907) e Canción de cuna (1911).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, situado na Comunitat Valenciana (13.131 h [2001]). A agricultura dedícase ao cultivo de hortalizas en réxime intensivo, e nos regadíos o arroz tende a desaparecer en favor das laranxeiras. A industria limítase á almacenaxe de froita, produtos metálicos e confección, ademais da embalaxe e os plásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Especialista na proba de marcha, foi campión (1993) e subcampión (1995) do mundo na distancia de 20 km, e obtivo a medalla de bronce na distancia de 50 km nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996). Participou tamén nos Xogos Olímpicos de Sydney (2000). Gañou 18 veces o campionato de España en diferentes distancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mamografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Hungría (1458-1490), fillo de János Hunyadi e sucesor de Ladislau VI de Hungría. Dedicouse a manter a independencia húngara contra Austria e os turcos. Impuxo a súa vontade aos nobres por medio dun exército negro composto por mercenarios e interveu en Bohemia, onde se fixo coroar (1469). Nunha importante ofensiva contra os turcos, conseguiu reconquistar Bosnia (1463), Moldavia e Valaquia (1467) e Serbia (1482). Pouco despois atacou o Emperador Federico III e amparouse en Viena (1485) e en Estiria (1486).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo estado do centro-oeste de Brasil (1.264.966 km2; 4.582.354 h [2000]). A metade N é tributaria da conca do Amazonas e a S do Paraguay. A maior parte do territorio está cuberto de selva. Destacan os cultivos de mate, café e arroz, e os xacementos de manganeso. Desde 1979 o estado quedou dividido en Mato Grosso e Mato Grosso do Sul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Brasil (906.807 km2; 2.504.353 h [2000]). A súa capital é Cuiabá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de Brasil (358.159 km2; 2.078.001 h [2000]). A súa capital é Campo Grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación musical creada en Vigo a principios da década de 1990. Estaba fomada por Carlos Núñez, Anxo Lois Pintos, Santiago Cribeiro, Pancho Álvarez, Diego Bouzón e Isaac Palacín, músicos que procedían, na súa maior parte, do Grupo Didáctico da Universidade Popular de Vigo. Editaron o disco Matto Congrio (1993). Deste grupo saíron outras formacións musicais, como Berrogüetto e o gaiteiro Carlos Núñez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Monxe e humanista. Colaborou con Aldo Manuzio na edición de libros gregos. En Moscova, en 1515, revisou a tradución eslava dos libros litúrxicos bizantinos e conectou plenamente coa corrente de pobreza monástica propugnada por Nilo de Sora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Certame convocado polo Concello de Ferrol a partir de 1983. O fin foi o de constituír unha colección galega de gravado contemporáneo, conservada e incrementada despois de cada edición polo Arquivo Calcográfico Ferrolán. Non ten carácter anual e dos premios destaca o extraordinario para a especialidade de linóleo. As obras premiadas pasan a formar parte do Museo Municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de coloración dos elementos sanguíneos, no que os eritrocitos toman unha cor rosada máis intensa nas marxes, os núcleos dos leucocitos tínguense de violeta púrpura e as granulacións aparecen pequenas e purpúreas, agás nos eosinófilos, onde son alaranxadas e refrinxentes.

    VER O DETALLE DO TERMO