"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
GALICIA
Xurista e político. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi vicepresidente da Cámara de Comercio, alcalde de Vigo (1903-1904) e presidente do Partido Liberal vigués. Fundou o xornal Heraldo de Vigo (1912-1914) e foi deputado polo distrito de Muros (1916-1919) e pola provincia de Toledo (1923).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista. De ideoloxía republicano-federal, colaborou na organización da Federación Local de Sociedades Obreras de Santiago de Compostela, durante a década de 1920. Amante do teatro e da poesía social, participou na fundación do grupo teatral Brisas Futuras estreando a obra de X. San Luis Romero, O Fidalgo (1918). Colaborou na prensa obreira e progresista compostelá, particularmente en La Lucha Social. Ocupou a secretaría do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pobra do Caramiñal baixo a advocación da santo Isidro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue os concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Porto do Son e Ribeira. Está composto por 20 parroquias matrices e 2 anexos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Santiago que abrangue os concellos de Boiro, Lousame, Noia, Porto do Son e Rianxo. Está composto por 21 parroquias matrices e 2 anexas.
-
PERSOEIRO
Usurpador do Imperio Romano (259-269). Foi xeneral de Valeriano e de Galieno, a quen traizoou, lle matou un fillo e despois fíxose proclamar emperador. Obtivo vitorias importantes contra os bárbaros na Galia, pero matárono os seus soldados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cirurxián. Destacou polas súas intervencións cirúrxicas en Saint Bartolomew’s Hospital, onde foi profesor, e polos seus estudos sobre as doenzas óseas. O seu nome quedou asociado á espondilite tuberculosa (mal de Pott).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Arnuíde (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 646 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio de Madrid, situado ao O da área metropolitana (68.217 h [2001]). É unha importante cidade dormitorio e polo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Investigador de cinematografía. Vinculado ao mundo da fotografía e do cine, realizou estudos de arquitectura e, desde a década de 1970, colabora con diversas publicacións nacionais e internacionais de cinematografía. Entre 1976 e 1987 foi responsable da programación na Filmoteca Española, centro que dirixe desde 1988. Responsable do establecemento de sedes especializadas para as distintas funcións deste centro, a exhibición no cine Doré, a conservación na Ciudad de la Imagen e a administración e documentación no Palacio de Pelares, tamén colabora cos equipos directivos de diversos certames cinematográficos.
VER O DETALLE DO TERMO
En 2015 recibiu o premio Fénix pola Contribución á Cultura Cinematográfica de Iberoamérica. -
VER O DETALLE DO TERMO
Pobo prerromano de Gallaecia que, segundo Plinio e Ptolomeo, habitaba no convento xurídico Lucense e ocupaba, posiblemente, a península do Barbanza, entre as rías de Arousa, Muros e Noia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo fundado en outubro de 1926 polos lingüistas B. Havraneck e N. S. Trubečkoij, entre outros, influídos pola obra de F. Saussure, e polos teóricos da literatura R. Wellek e J. Mukarousky, aos que se uniron os teóricos rusos R. Jakobson e P. Bogatirev, fundadores da corrente formalista, agrupados baixo a presidencia de Vilém Mathesius. Consolidou o movemento estruturalista e destacou, sobre todo, o aspecto fonolóxico (Travaux du Cercle Linguistique de Prague, 1929-1939). O Círculo Lingüístico de Praga destacou o valor semiótico do fonema, ou sexa, da súa capacidade de establecer diferenzas de significados. A análise dos feitos lingüísticos é ante todo sincrónica, aínda que sen excluír a diacrónica. A confluencia das nocións e métodos do estruturalismo lingüístico coas teses do formalismo ruso á poética, deu lugar, entre outras contribucións, a unha concepción da obra literaria como estrutura funcional na que os diferentes elementos que a compoñen teñen unha función específica...
-
PERSOEIRO
Comediógrafo italiano, fillo de Emilio Praga. Considerado como un dos máximos expoñentes do teatro verista italiano, das súas obras destacan Le vergini (1889) e La moglie ideale (1890).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario convocado anualmente pola Fundación Santa María, pertencente a Ediciones SM, co obxecto de promover a creación literaria de calidade para nenos. Creado en 1978 para obras en lingua castelá, a partir de 1984 convocouse tamén para libros en éuscaro, catalán e galego. O primeiro gañador do concurso en lingua galega foi Paco Martín, autor de Das cousas de Ramón Lamote. Tamén obtiveron este premio Darío Xohán Cabana (1993), Fina Casalderrey (1994), Xosé A. Neira Cruz (1997 e 1999) e Agustín Fernández Paz (2003).
-
VER O DETALLE DO TERMO
preanestesia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Óso da serie opercular dos peixes óseos.
-
PERSOEIRO
Escritor. Decantouse polas narracións de xénero naturalista e inspirouse na condición da muller e dos costumes amorosos, que reflectiu en Les demivierges (1894) e Lettres de femmes (1897). Foi membro da Académie Française (1909).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico e poeta. Subdirector da Banda Municipal de Vilagarcía, en 1928 emigrou a Arxentina. Dirixiu varias agrupacións corais en Bos Aires, compuxo pezas orixinais e harmonizou numerosas melodías populares galegas. Colaborou en xornais da colectividade galega como El Correo de Galicia, Céltiga e A Fouce, e publicou Versos en gama de gaita (1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución estadounidense de carácter privado creada en 1936 na Princeton University. Dedícase á investigación e ao ensino no campo da demografía.
-
PERSOEIRO
Emperador romano. Mentres desempeñaba un alto cargo militar en Oriente, as lexións nomeárono emperador (276). Vingou as mortes de Aureliano e Tácito, liberou dos godos a Asia menor e derrotou aos xermanos. Tentou restaurar a economía romana favorecendo o comercio e a agricultura, fins para os que mobilizou ao seu exército, que se rebelou contra el, asasinouno e nomeou a Marco Aurelio Caro como novo emperador.
VER O DETALLE DO TERMO