Prado García, José María

Prado García, José María

Investigador de cinematografía. Vinculado ao mundo da fotografía e do cine, realizou estudos de arquitectura e, desde a década de 1970, colabora con diversas publicacións nacionais e internacionais de cinematografía. Entre 1976 e 1987 foi responsable da programación na Filmoteca Española, centro que dirixe desde 1988. Responsable do establecemento de sedes especializadas para as distintas funcións deste centro, a exhibición no cine Doré, a conservación na Ciudad de la Imagen e a administración e documentación no Palacio de Pelares, tamén colabora cos equipos directivos de diversos certames cinematográficos.

En 2015 recibiu o premio Fénix pola Contribución á Cultura Cinematográfica de Iberoamérica. 

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Rábade